Luisa Larraga Cacho
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de decembro de 1970 (54 anos) Zaragoza |
Altura | 1,64 m |
Peso | 45 kg |
Actividade | |
Ocupación | atleta |
Deporte | Atletismo |
María Luisa Larraga Cacho, nada en Zaragoza o 10 de decembro de 1970, é unha atleta aragonesa especializada en carreiras de fondo e medio fondo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi internacional co equipo nacional español 31 veces entre 1996 e 2006. Ten os récords de Aragón de 3000, 5000, 10 000 m lisos, medio maratón e maratón.[1] [2] Os seus equipos foron o CN Helios (1988-1992) o New Balance AC (1994-1996), o Adidas RT (1997-2003), o Puma Chapín de Jerez en 2004, At. Olímpo (2005-2008) e o Scorpio-71 dende 2009.[3] Entre as súas clasificacións destacan a vitoria do maratón de Valencia e a medalla de bronce por equipos no Campionato do Mundo de Medio Maratón en 1998 co equipo de España.
Títulos
[editar | editar a fonte]- Campioa de España de campo a través (1991 e 2002)
- Campioa de España de medio maratón (1998)
- Campioa de España de 5000 m lisos (2004)
- Campioa de España de 10 000 m lisos (2001, 2002 e 2004).[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Luisa Larraga Cacho Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine. na Gran Enciclopedia Aragonesa.
- ↑ Récords da Federación de Aragón, na páxina web da Federación Aragonesa de atletismo (en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Perfil Arquivado 27 de setembro de 2020 en Wayback Machine. na páxina web da Real Federación Española de Atletismo (en castelán).