Luis Siret

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luis Siret
Louis Siret (1860-1934).jpg
Nacemento26 de agosto de 1860
 Sint-Niklaas
Falecemento7 de xuño de 1934
 sen etiquetar
NacionalidadeBélxica e España
Ocupaciónantropólogo e arqueólogo
editar datos en Wikidata ]

Luis Siret y Cels nado en Sint-Niklaas, o 26 de agosto de 1860 e falecido en Las Herrerías, o 7 de xuño de 1934 foi un enxeñeiro e arqueólogo de orixe belga.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Bélxica, con 21 anos e cos estudos de enxeñeiro de minas rematados marchou a Cuevas del Almanzora (Almería) onde xa traballaba o seu irmán en Sierra Almagrera.

Durante 50 anos el e mais Henri Siret investigaron o Neolítico, Calcolítico e a Idade de bronce en Almizaraque, Palacés, El Argar, El Gárcel ou Los Millares.

Material atopado nas súas escavacións foi exhibido en 1889 na Exposición Universal de París e en 1929 na Exposición Universal de Barcelona. As pezas son actualmente exhibidas no Museo Arqueolóxico Provincial de Almería, no Museo Arqueológico Nacional en Madrid (MAN), no Musée du Cinquantenaire en Bruxelas e noutras importantes coleccións como o British Museum en Londres[1] e o Ashmolean Museum en Oxford.

Obra[editar | editar a fonte]

Ilustración de Luis Siret: Cranio con diadema de prata da cultura de El Argar.
  • Siret, Luis y Enrique, Las Primeras Edades del Metal en el Sudeste de España, 2006 Museo Arqueológico de Murcia[2]
  • Siret. España Prehistórica. Facta Non Verba. 1891 (2001). Arráez Editores. Almería.
  • Siret. Orientales y Occidentales en España en los tiempos prehistóricos. 1994 Arráez Editores. Almería.
  • Siret. Las religiones neolíticas de Iberia. 1995. Arráez Editores. Almería.
  • Siret. Villaricos y Herrerías, Antigüedades púnicas, romanas, visigóticas y árabes. 1995. Arráez Editores. Almería.
  • Siret. Estudios de Arqueología, Mitología y Simbolismo. 1996. Arráez Editores. Almería.
  • Siret. Del Neolítico al Bronce (Compendio de Estudios). 1999. Arráez Editores. Almería.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Herguido, Carlos, (1994), Apuntes y documentos sobre Enrique y Luis Siret, ingenieros y arqueólogos. Instituto de Estudios Almerienses y Ayuntamiento de Cuevas del Almanzora, Almería.
  • Siret, Luis y Enrique (2006), Las Primeras Edades del Metal en el Sudeste de España (Facsímil ed.), Museo Arqueológico de Murcia, Murcia, España, MU-584-2006 [9 de julio de 2007]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]