Los Millares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Recreación de Los Millares.

Los Millares é un asentamento prehistórico da Idade do Cobre (3200-2200 a. da era actual), formado por un poboado e a súa necrópole cunha extensión de 6 e 13 hectáreas respectivamente. Está situado no municipio de Santa Fe de Mondújar, Almería. Forma un esporón chairo na foz do río Andarax e a rambla de Huéchar. O asentamento ten catro liñas de muralla, unha necrópole formada por unhas 80 tumbas colectivas e unha dobre liña de fortines que controlan visualmente a contorna. Calcúlase que na época de maior esplendor vivían unhas mil persoas nos Millares.

Notas[editar | editar a fonte]