Luis Fábrega Coello
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de maio de 1874 Ourense, España |
Morte | 27 de decembro de 1960 (86 anos) Ourense, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Partido Republicano Radical 9 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Ourense | |
Alcalde de Ourense | |
16 de abril de 1931 – 20 de abril de 1931 (dimisión) ← Alfonso Junquera Devesa – Antonio Álvarez Dopazo → | |
Presidente da Deputación de Ourense | |
1931 – 1933 ← Juan Taboada González – Arturo Rodríguez Sieiro → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, farmacéutico |
Familia | |
Fillos | Luis Fábrega Santamarina |
Luis Fábrega Coello, nado en Ourense o 5 de maio de 1874 e finado na mesma cidade o 27 de decembro de 1960, foi un farmacéutico e político galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo os estudos de bacharelato no Instituto de Ourense. En 1891 matriculouse en preparatorio para cursar os estudos de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1899. Fixo un ano de prácticas en Arnedo (A Rioxa), e despois de rexentar unha farmacia en Monforte de Lemos, abriu a súa farmacia en Ourense o 3 de xullo de 1904.
Membro do Partido Republicano Radical de Alejandro Lerroux, foi o líder desta formación en Ourense por volta de 1930[2]. O 26 de marzo de 1930 foi un dos asinantes do Pacto de Lestrobe. Encabezou a lista da Federación Republicana de Ourense nas eleccións municipais que deron paso á Segunda República, con sete concelleiros, por detrás dos monárquicos. Logo de encabezar a manifestación local polo cambio de réxime. Foi elixido alcalde de Ourense por 11 votos, o día 16 de abril de 1931 cargo do que dimitirá catro días máis tarde para facerse cargo da presidencia da Comisión Xestora da Deputación Provincial.[3]
Nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi escollido deputado pola provincia de Ourense obtendo 41.327 votos, sendo o deputado máis votado da provincia. Dende a Deputación Provincial, promoveu en 1932 a creación da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, da que foi o seu primeiro presidente trala súa creación en 1933. Non se presentou ás eleccións de novembro de 1933 por incompatibilidade coa presidencia da Deputación Provincial, nelas saíu elixido deputado o seu fillo Luis Fábrega Santamarina.
O 11 de febreiro de 1934 foi renovada polo Gobernador Civil a Xunta Xestora da Deputación, manténdolle o cargo de presidente a Luís Fábrega Coello, pero non así aos seus colaboradores, os deputados Manuel Suárez (socialista) e Eleuterio González (galeguista), razón pola cal rexeitou a designación e abandonou a presidencia da Deputación. O xornal La Zarpa publicou o 16 de febreiro unha carta asinada por el, dando conta dos motivos da súa dimisión. O 30 de marzo a Deputación nomeouno conselleiro da Caixa Provincial de Aforros co carácter de fundador, ao cesar na presidencia da Caixa por cesar na da Deputación. O 25 de xuño de 1934 tras os escándalos e a dereitización do Partido Radical, abandónao para integrarse como militante de base en Unión Republicana, escisión do Partido Republicano Radical liderada por Diego Martínez Barrio. A partir dese momento deixa a actividade política, para dedicarse a rexentar a súa farmacia. Foi presidente do Colexio Farmacéutico de Ourense dende 1927 ata 1935
O 27 de outubro de 1937 foi detido por orde do gobernador Tte.Coronel Luis Soto e estivo confinado oito meses na prisión de Ourense e sufriu unha forte sanción económica e incautación de bens.
Predecesor: Alfonso Junquera Devesa |
Alcalde de Ourense 1931 |
Sucesor: Antonio Álvarez Dopazo |
Predecesor: Juan Taboada González |
Presidente da deputación de Ourense 1931 - 1933 |
Sucesor: Arturo Rodríguez Sieiro |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]O 27 de decembro de 2010 o Concello de Ourense (Concellería de Cultura) dedicoulle unha placa de bronce na súa casa da rúa de Alba nº 31 (antigo) co gallo do 50 cabo de ano do seu pasamento.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La ciudad recuerda al político Luis Fábrega (en castelán)
- ↑ De Juana, J e Prada, J. Historia contemporánea de Galicia, Ariel, 2005, p. 238
- ↑ De Juana, J e Prada, J. Historia contemporánea de Galicia, Ariel, 2005, p. 232
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Fábrega Coello, Luís". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alcaldes de Ourense
- Alcaldes de Galicia durante a II República
- Alcaldes de Galicia polo Partido Radical
- Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados
- Deputados nas Cortes da II República
- Presidentes da Deputación de Ourense
- Nados en Ourense
- Nados en 1874
- Finados en 1960
- Farmacéuticos de Ourense
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela