Arturo Rodríguez Sieiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arturo Rodríguez Sieiro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e médico
editar datos en Wikidata ]

Arturo Rodríguez Sieiro foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Médico no Carballiño. Na ditadura de Primo de Rivera foi membro da Comisión organizadora do Somatén polo distrito do Carballiño. Na Segunda República militou no Partido Radical, foi nomeado membro da Comisión Xestora da Deputación de Ourense en febreiro de 1934 e elixido presidente o día 11 de febreiro[1]. Permaneceu no cargo até xaneiro de 1936. En outubro de 1934 foi nomeado concelleiro e Primeiro tenente-alcalde do Carballiño na corporación que presidiu Amancio Paradela Moure[2].


Predecesor:
Luís Fábrega Coello
 Provincia de Ourense - Escudo.svg
Presidente da deputación de Ourense
 
1934 - 1936
Sucesor:
José Rodríguez Bouzo

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Pura Rodríguez Campos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Zarpa, 13-2-1934, p. 1
  2. El Pueblo Gallego, 18-10-1934, p. 12.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]