Luis Escurís Batalla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luis Escurís Batalla S.L.»)
Luis Escurís Batalla
TipoSociedade Limitada
Fundación1996
LocalizaciónPolígono industrial da Tomada (A Pobra do Caramiñal)
FundadorLuis Escurís Batalla
Persoas claveLuis Escurís Batalla
IndustriaConserveira
Na rede
https://www.escuris.es/
editar datos en Wikidata ]

Luís Escurís Batalla S.L. fundada en 1996 na Pobra do Caramiñal (Ría de Arousa) é unha empresa dedicada á fabricación, comercialización e distribución de conservas de pescado e marisco no sector da alimentación e da hostalería.

A empresa leva a cabo un proceso de transformación manual e artesán co obxectivo de conseguir un produto de primeira calidade empregando unha materia prima inmellorable das rías galegas.

Distribución[editar | editar a fonte]

A compañía cobre todo o territorio nacional a través dunha estrutura de vendas propia en Galicia e traballa con axentes e mediadores que lle permiten distribuír o seu produto no resto de España, así como en Suíza, Alemaña, Reino Unido, Italia, Xapón e Portugal. Ademais dispón dunha páxina web dende a que os consumidores poden adquirir unha ampla gama de produtos.

Luís Escurís Batalla participa na marca Galicia Calidade promovida pola Xunta de Galicia co fin acreditar a súa calidade e dala a coñecer fóra da Comunidade.

Produtos[editar | editar a fonte]

A empresa comercializa dous tipos de produtos: "Lo bueno" e "Fuera de serie".

Baixo a gama "Lo bueno" enlatan:

  • agulla en aceite de oliva
  • ameixas ó natural
  • anchoas en aceite de oliva
  • atún en aceite de oliva
  • bonito en aceite de oliva
  • berberechos ó natural e ó allo
  • xarda en filetes de aceite de oliva
  • caviar de ourizos
  • gulas ó allo
  • xureliños en aceite de oliva
  • mexillóns en escabeche, en salsa de vieira e picantes
  • navallas ó natural e en aceite de oliva
  • polbo en aceite de oliva e ó allo
  • sardiñas en aceite de oliva e limón
  • ventresca en aceite de oliva
  • zamburiñas en salsa de vieira e ó natural

Os produtos pertencentes á gama "fuera de serie" son considerados para paladares máis exquisitos:

  • berberechos
  • luras
  • mexillóns
  • sardiñas
  • polbo
  • ventresca
  • zamburiñas

Competidores[editar | editar a fonte]

Esta empresa, ó ser unha das máis grandes conserveiras galegas, ten como principais competidores o Grupo Calvo, Escuris SL, Jealsa-Rianxeira e Conserveira de Rianxo SA.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]