Luis Días

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luis Días
Nome completoLuis Días Portorreal
AliasLuis "Terror" Días
Data nacemento21 de xuño de 1952
Nado enBonao, República Dominicana
Falecemento8 de decembro de 2009
 Santo Domingo
Causainfarto agudo de miocardio
Ocupacióncompositor, guitarrista, cantante e escritor
Instrumento(s)guitarra
Relacionado conVíctor Víctor Juan Francisco Ordóñez
PseudónimoLuis Terror Días
Na rede
IMDB: nm6645325 Facebook: terrordiaz Twitter: luisterrordiaz Instagram: luisterrordias Youtube: UCGvBbcpAaYmeCL38oqx3ywQ Souncloud: luisterrordias Spotify: 04HBvkW3BpopvMVKCbKXZ2 Musicbrainz: babb2058-7f8b-4c16-8f30-a6c48859ac17 Discogs: 5192492 Allmusic: mn0000313397 Deezer: 3554951 Genius: Luis-terror-dias Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Luis Días Portorreal, nado en Bonao o 21 de xuño de 1952 e finado en Santo Domingo o 8 de decembro de 2009, coñecido como Luis –"terror"- Días, foi un compositor, guitarrista e intérprete da música popular. As súas cancións, baseadas en merengue, bachata e outros ritmos de inspiración folclórica, mesturan estilos musicais diversos. É considerado Padre del Rock Dominicano (pai do rock dominicano),[1][2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo os seus primeiros estudos musicais na súa cidade natal, cos profesores Juan Zorrilla e Tatán Jiménez. Aos 16 anos, crea Los Jhonnys o seu primeiro grupo musical.

En 1970 trasladouse a Santo Domingo co obxectivo de estudar psicoloxía na Universidade Autónoma de Santo Domingo e, en 1972, integrouse como guitarrista e vocalista no grupo Convite, referencia necesaria para falar do rescate do folclore dominicano nos setenta.

Tras a súa saída de Convite en 1978, forma a agrupación Madora, onde comeza a fusionar o jazz co folclore da illa Hispaniola.

De 1980 a 1982 vive en Nova York, e exerce como profesor de música dominicana tradicional no American Museum of Natural History.

En 1982, regresa á República Dominicana e funda, xunto ao guitarrista Juan Francisco Ordóñez e outros músicos, Transporte Urbano, grupo que mesturou as sonoridades do rock e a música folclórica da illa e marcou o nacemento do rock dominicano.

Música para filmes[editar | editar a fonte]

Días realizou música para filmes como Las Pausas del Silencio, de Carlos Cristalini, e recibiu por este traballo o premio á mellor banda sonora para curtametraxe no Festival Internacional de Boston de 1986. Compuxo a música de Dear Teresa (1993), que recibiu o Premio de Prata do Festival Internacional de Filadèlfia de 1994 e colaborou con David Byrne na banda sonora da película Blue In The Face no ano 1995).

Escritor e compositor[editar | editar a fonte]

Como compositor, máis de trescentas das súas pezas foron gravadas por diferentes artistas e orquestras, entre elas, o tema para o entroido dominicano do ano 1984 "Baila en la Calle".

Como escritor, é autor de varios libros, entre eles Tránsito Entre Guácaras, libro de poemas que recrea mitos taínos.

Entre as distincións que recibiu están Letrista do Ano nos premios Premios Casandra de 1989 e Compositor do Ano nos premios Casandra de 1990. No ano 2004 foi declarado polo Estado Dominicano como Patrimonio Cultural da Nación.

Finou logo de sufrir un ataque ao corazón e padecer outras complicacións.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Convite convida (1974, nueva canción)
  • Convite: Candelo y la bestia (1975)
  • Areito No. 1 (1984, folk)
  • Luis Terror Días (1984, merengue)
  • Ae Candelo (1985, folk)
  • El accidente (1998, rock - bachata)
  • Luis Días y Transporte Urbano En Vivo (1999, rock)
  • Jaleo Dominicano + Homenaje a Luis Días (1999, rock - folk)
  • Vickiana, las Sesiones de 1985 (2000, rock, con Transporte Urbano)
  • La Yola (2000, rock acústico, xunto a Lliam Greguez)
  • La Suite Folclórica Dominicana (2001, recompilación)
  • Radio Macana (2003, rock - folk)
  • El Terror en vivo (DVD, 2004, con Transporte Urbano e Irka Mateo)
  • Merengues (DVD, 2005)
  • El Terror le canta al amor (DVD, 2006)
  • Tiempo de ocio (2009, rock acústico)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. {{cita web |url= http://www.elnacional.com.do/buscar?q=luis+Dias&filter=on&s=7 Arquivado 16 de xullo de 2011 en Wayback Machine. |título= Busca- ElNacional.com.do
  2. cita web |url= http://www.elpais.com/articulo/Necrologicas/Luis/Terror/Dias/padre/rock/dominicano/elpeputec/20091212elpepinec_1/Tes |título= Luis 'Terror' Días, padre del rock dominicano • ELPAÍS.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]