Lucio Virxinio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLucio Virxinio

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) L.Verginius Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoRoma Editar o valor em Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Tribuno da plebe
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico da Roma antiga , militar da Roma antiga Editar o valor em Wikidata
Período de tempoEarly Roman Republic (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeNumitoria
FillosVirgínia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Paisvalor descoñecido Editar o valor em Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor em Wikidata

Lucio Virxinio (en latín: Lucius Virginius ou Lucius Verginius) foi un militar romano que viviu no século V a.C. e formou parte da gens Virxinia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era centurión e serviu no exército romano no monte Álgid. Foi advertido por algúns amigos dos plans do decénviro Apio Claudio Craso contra a súa filla Virxinia e volveu a Roma, a pesar do intento de Claudio de arrestalo antes de abandonar o campamento.

Ao día seguinte compareceu no xulgado coa súa filla e pediu a axuda dos seus amigos. Lucio Icilio, o prometido da moza,[1] pediu xustiza. Pero Apio Claudio, que quería satisfacer a súa luxuria, entrou a presidir a corte con arrogancia e rodeado de numerosos clientes. Decretou que a moza fose considerada escrava e levada á súa propia casa, pero cando a quixeron levar, o pobo impediuno. Apio Claudio ordenou aos líctores que expulsasen á xente, e os clientes armados saíron para colaborar na expulsión. Todos se retiraron e deixaron a Virxinio e á súa filla sós diante do xulgado. O pai pediulle ao decénviro que falase con el en privado un momento, e conseguiu retirarse a un lado do Foro, que era onde se celebraba o xuízo. Lucio Virxilio, colleu un coitelo de carniceiro dun dos postos e matou a súa filla dicindo: "Non é posible que te manteña libre". Apio Claudio quixo arrestalo pero a multitude cedeu, correu ata a porta da cidade e refuxiouse no seu campamento.

Tanto o campamento como a cidade levantáronse contra os decénviros,[2] que foron privados do seu poder e restableceuse a antiga forma de goberno. Virxinio foi elixido tribuno da plebe inmediatamente (449 a.C.).[3] Por orde súa, Apio Claudio foi levado a prisión para agardar o xuízo, pero alí acabou coa súa propia vida para evitar unha morte máis ignominiosa.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tito Livio.2000, p. 288 (Libro III, 47, 7)
  2. Tito Livio 2000, p. 293 (Libro III, 50, 13)
  3. Broughton , pp. 48-49
  4. Smith 1876, p. 1.268

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Broughton, T. Robert S. (1951). The Magistrates of The Roman Republic (vol. I). Nova York: The American Philological Association. 
  • Smith, William, ed. (1876). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Volume III (en inglés). John Murray. 
  • Tito Livio (2000). Historia de Roma desde su fundación (Libros I-III). Colecciñon: Biblioteca Clásica Gredos, nº 144) (en castelán). (tradución e notas: José Antonio Vidal Villar). Madrid: Gredos. ISBN 84-249-2463-0. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]