Lucenza, Lucenza, Cualedro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 41°57′10″N 07°37′18″O / 41.95278, -7.62167

Lucenza
ParroquiaLucenza
ConcelloCualedro
Poboación146 hab. (2011)

Lucenza é un lugar da parroquia de Lucenza no concello ourensán de Cualedro na comarca de Verín. Tiña 146 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE[1] e do IGE[2], dos cales 76 eran homes e 70 mulleres.

Historia[editar | editar a fonte]

Preto do lugar están os poboados castrexos da Saceda e San Millán. Segundo o historiador e arqueólogo local Antonio Rodríguez Colmenero a orixe da aldea está nun asentamento romano, tipo vila, propiedade dun romano chamado Lucenatius.

Próximos a aldea podemos visitar as ruínas románicas do poboado de Santa Marta. Na idade media Lucenza formou parte do Condado de Monterrei. En Lucenza consérvase un dos poucos pozos de neve de Galicia, o Pozo dos Mouros, que data do século XV. Foi construído para conservar a neve e abastecer de xeo aos condes de Monterrei. En 1710, no marco da guerra hispano-portuguesa, a torre de Lucenza transformouse en forte defensivo.

A Pena de Muller (950) é un monte da Serra do Larouco, e conta cunha formación granítica.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Lucenza[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Lucenza no concello de Cualedro (Ourense)

Lucenza | A Saceda

Parroquias de Cualedro[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cualedro

Atás (Santa María) | Baldriz (San Bartolomeu) | Carzoá (San Roque) | Cualedro (Santa María) | Lucenza (Santa María) | Montes (Santa Baia) | Rebordondo (San Martiño) | San Millao (Santa María) | Vilela (Santiago) | A Xironda (San Salvador)

Notas[editar | editar a fonte]