Lucía Puenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lucía Puenzo
Lucía.JPG
Nacemento28 de novembro de 1973 e 28 de novembro de 1976
Lugar de nacementoBuenos Aires
NacionalidadeArxentina
Alma máterUniversidade de Buenos Aires e Escuela Nacional de Experimentación y Realización Cinematográfica
Ocupacióndirectora de cine, novelista, escritora e guionista
PaiLuis Puenzo
editar datos en Wikidata ]

Lucía Puenzo, nada en Buenos Aires o 28 de novembro de 1976, é unha escritora, directora e guionista de cine arxentina, que ademais traballa con produción executiva e investigación.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Puenzo formouse en Guión Cinematográfico na Escola Nacional de Experimentación e Realización Cinematográfica (ENERC) de Buenos Aires, graduándose en 2000.

Debutou como novelista en 2004 coa novela El niño pez e desde estón escribiu: Nueve minutos (2005), La maldición de Jacinta Pichimahuida (2007), La furia de la langosta (2009), Wakolda (2010), que foron traducidas a outros idiomas.

Antes da publicación destes libros, Lucía Puenzo traballara no cine como guionista e en 2007 dirixiu a súa primeira película, XXY, coa que obtivo máis de 20 premios internacionais, entre eles o Grand Prix da Semana da Crítica no Festival de Cannes dese ano. O filme foi candidato aos Premios Goya e gañou o Ariel á mellor cinta estranxeira; recibiu tamén galardóns á mellor película e á mellor dirección nos festivais de Edimburgo, Bangkok, de Atenas e de Montreal, entre outros. A este filme seguiulle ao ano seguinte Los invisibles e en 2009 estreou a primeira adaptación dunha novela: El niño pez.

En 2013 levou ao cine, co mesmo título, o seu libro Wakolda, que se desenvolve en Bariloche e trata sobre a estancia na Arxentina do criminal nazi Josef Mengele. Coprodución de varios países, en España estreouse baixo o nome de El médico alemán. No segundo Festival Internacional Unasur Cine, celebrado en San Juan, obtivo catro premios: mellor película, mellor dirección (Lucía Puenzo), mellor actriz (Natalia Oreiro) e revelación (Florencia Bado).[1][2]

En 2010 a revista británica Granta e Granta en español seleccionárona como unha das 22 mellores escritoras en castelán menores de 35 anos.[3]

É filla do tamén director de cine Luís Puenzo.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Película Papel
2000 (H) Historias cotidianas Guionista
2003 La puta y la ballena
2006 A través de tus ojos
2007 XXY Directora e guionista
2008 Los invisibles Directora
2009 El niño pez Directora e guionista
2010 Más adelante (curta) Directora
2013 Wakolda Directora e guionista
Ano Ficción Papel
2015 Cromo (serie de TV) Directora

Novelas[editar | editar a fonte]

  • El niño pez, Beatriz Viterbo, Buenos Aires, 2004 (Emecé/Planeta 2013)
  • Nueve minutos, Beatriz Viterbo, Buenos Aires, 2005 (Emecé/Planeta 2013)
  • La maldición de Jacinta Pichimahuida, Interzona, Buenos Aires, 2007 (Emecé/Planeta 2013)
  • La furia de la langosta, Mondadori, Buenos Aires, 2009 (España: Duomo Ediciones, 2013)
  • Wakolda, Emecé/Planeta, 2011 (España: 2013)
  • Los invisibles, TusQuets, 2018

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Goya[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2007 Mellor película estranxeira XXY Gañadora
2014 Mellor película estranxeira Wakolda Nomeada

Premio Ariel[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2008 Mellor película iberoamericana XXY Gañadora

Premio Cóndor de Prata[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2008 Mellor película XXY Gañadora
Mellor director Nomeada
Mellor guión adaptado Gañadora
2014 Mellor película Wakolda Gañadora
Mellor director Gañadora
Mellor guión adaptado Gañadora

Outros premios[editar | editar a fonte]

  • Atenas de Ouro 2008 por XXY (Festival Internacional de Cine de Atenas)
  • Premio Kinnaree de Ouro 2007 por XXY (Festival Internacional de Cine de Bangkok)
  • India Catalina de Ouro 2008 por XXY (Festival de Cine de Cartagena)
  • Premio a Novo Director 2008 por XXY (Festival Internacional de Cine de Edimburgo)
  • Premio dos Críticos de Cine de Quebec 2007 por XXY (Festival de Cine Novo de Montreal)
  • Premios á mellor película e mellor dirección do segundo Festival Internacional Unasur Cine, celebrado en San Juan, por Wakolda (o filme obtivo ademais o premio á mellor protagónista —Natalia Oreiro— e actriz revelación, Florencia Bado)
  • Mellor guión por Wakolda no Latin Beat Film Festival de Tokio (Xapón, 2013)
  • Nomeada aos Premios Platino 2014 á Mellor Película, Mellor Dirección e Mellor Guión por Wakolda[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Wakolda, premiada y con salas llenas". Consultado o 23 de setembro de 2013. 
  2. ""Wakolda" fue la gran ganadora". Consultado o 23 de setembro de 2013. 
  3. Winston Manrique Sabogal (1 de outubro de 2010). "La generación Granta en español (1)". Consultado o 8 de setembro de 2013. 
  4. "Se anunciaron los nominados a los Premios Platino | Haciendo Cine". www.haciendocine.com.ar (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]