Luís Losada Espinosa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1928 Boborás, España |
Morte | 23 de novembro de 1988 (59/60 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Pai | Antón Losada Diéguez |
Irmáns | Joaquín Losada Espinosa Antón Losada Espinosa |
Luís Losada Espinosa, nado en Moldes (Boborás) en 1928 e finado en Madrid o 23 de novembro de 1988, foi un xornalista galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Neto de Miguel Losada Losada, sexto fillo de Antón Losada Diéguez (quinto da segunda muller, Mercedes Espinosa Cervela) e irmán máis novo de Xoaquín Losada Espinosa,[2] licenciouse en dereito na Universidade de Santiago de Compostela e estudou na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid. Traballou para ABC e Blanco y Negro ata 1966, cando reguesou a Galicia para dirixir o Diario de Pontevedra. En 1969 regresou a Madrid como redactor xefe de Blanco y Negro. En RTVE desempeñou o posto de director da segunda edición do telediario 24 Horas e do programa semanal Crónica de siete días. En febreiro de 1985 foi nomeado director da Compañía de Radio e Televisión de Galicia.
Dende o ano 2009, a súa biblioteca persoal está depositada en comodato na Biblioteca de Galicia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica no ABC do 24/09/1988 (en castelán).
- ↑ Familia Losada (Boborás) en Xenealoxía.org
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Losada Espinosa, Luís e Beramendi, J.: p. 26 de "Cronoloxía de Antonio Losada", pp. 17–28 en Beramendi, J, ed. (1985). Obra completa de Antón Losada Diéguez. Xerais. ISBN 84-7507-181-3.[1]