Joaquín Losada Espinosa
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de agosto de 1925 Moldes, España |
| Morte | 11 de xaneiro de 2000 Salamanca, España |
| Catedrático | |
| | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade Pontificia Comillas |
| Actividade | |
| Ocupación | mestre |
| Empregador | Universidade Complutense de Madrid |
| Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
| Familia | |
| Pai | Antón Losada Diéguez |
| Irmáns | Luís Losada Espinosa Antón Losada Espinosa |
Xaquín Losada Espinosa, nado en Moldes (Boborás) o 28 de agosto de 1925[1] e finado en Salamanca o 11 de xaneiro de 2000,[2] foi un xesuíta galego.[3][4][5]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Neto de Miguel Losada Losada, quinto fillo de Antón Losada Diéguez (cuarto da segunda muller, Mercedes Espinosa Cervela) e irmán máis vello de Luís Losada Espinosa,[6] en 1942 comezou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, carreira que abandonou o ano seguinte para ingresar na Compañía de Xesús. Estudou en Salamanca (clásicas), na Universidade Pontificia Comillas (filosofía e teoloxía), de volta na de Santiago (historia) e en Roma. Dirixiu o Colexio Maior da Pontificia Comillas, da que foi vicerreitor, e foi profesor na Complutense de Madrid.
Obra
[editar | editar a fonte]Publicou máis dun cento de traballos de temas eclesiásticos,[7] entre eles:
- Distintas imágenes de la Iglesia, 1983, ISBN 84-348-1206-1.
- La Iglesia como sacramento de reconciliación, 1986.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Losada, Luís e Beramendi, J.: p. 26 de "Cronoloxía de Antonio Losada", pp. 17-28 en Beramendi, J, ed. (1985). Obra completa de Antón Losada Diéguez. Xerais. ISBN 84-7507-181-3.[1]
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, Ourense, 12-1-2001, p. 56.
- ↑ "Losada Espinosa, Joaquín" en Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 258.
- ↑ "Losada Espinosa, Joaquín" en Enciclopedia Galega Universal 11. Ir Indo. 1999-2002. p. 260. ISBN 84-7680-288-9.
- ↑ Diccionario enciclopédico galego universal 39. Ir Indo para La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 22. ISBN 84-7680-429-6.
- ↑ Familia Losada (Boborás) en Xenealoxía.org
- ↑ "Losada Espinosa, Joaquín" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). Grupo El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Torres Queiruga, Andrés. "Xoaquín Losada Espinosa (1925-1999)". Encrucillada (117): 78–79.

