Luís Quintela Ferreiro
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1926 Vilalba, España |
| Actividade | |
| Ocupación | catedrático, xornalista, escritor |
| Familia | |
| Irmáns | Antonio Quintela Ferreiro |
Luís José Quintela Ferreiro, nado en Vilalba, foi un profesor e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo de Francisco Quintela Pallín e Aurora Ferreiro Varela, e irmán do tamén escritor Antonio Quintela Ferreiro. Estudou no Colexio dos xesuítas e fixo os primeiros anos de noviciado. Deixóuno por problemas de saúde. Licenciouse na Facultade de Letras da Universidade de Santiago de Compostela.[1] Foi profesor interino de lingua e literatura española no Instituto Masculino de Lugo. Foi pensionado polo Ministerio de Educación Nacional para seguir un cursiño na Sorbona.[2] En 1960 aprobou a oposición para adxunto numerario do Instituto Masculino.[3] Ao ano seguinte foi nomeado profesor de lingua e literatura española na Escola Normal de Lugo.[4] Colaborou en El Pueblo Gallego, La Noche e La Voz de Galicia. Fundou e dirixiu a revista Escritos (1959-1960) onde asinaba como Picato. Foi mestre de Marina Mayoral e Arcadio López-Casanova.
Obras
[editar | editar a fonte]- Carta a las gentes de Galicia, 1966.
- Hacia un orteguismo de izquierda, 1967.