Luís García Pazos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1905 Santiago de Compostela, España |
Morte | xullo de 1993 (87/88 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | xastre, sindicalista |
Luís García Pazos, nado en Santiago de Compostela en 1905 e finado no mesmo concello en xullo de 1993,[1] foi un xastre e sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xastre en Compostela. militou no Gremio de Xastres e foi directivo do Ateneo Cultural Libertario. Foi detido pola folga de xastres e novamente pola folga xeral revolucionaria de 1934, polo que foi confinado varios meses na Fonsagrada. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fixo fronte ás forzas do exército cun grupo de homes armados. Fuxiu ao monte Pedroso en compañía de Antonio Ramos Varela, Cesáreo Briones Varela e Cándido Sánchez Rodríguez. Detido, foi xulgado en Compostela por rebelión e condenado a cadea perpetua. En 1940 saíu en liberdade condicional e realizou unha labor solidaria cos presos internados no Penal de Santa Isabel. Foi novamente detido en 1942 polos seus contactos clandestinos con Honorato Martínez Fuster da Alianza Democrática Española. Permaneceu varios meses na cadea. Implicado en tarefas clandestinas como secretario e contador da Federación Local de Compostela da CNT, volveu ser detido en 1947 e condenado a 12 anos de reclusión. Nos anos setenta serviu de enlace coas novas xeracións antifranquistas de cara á reorganización da CNT.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 20-7-1993, p. 38.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas. p. 130. ISBN 84-87783-79-1.