Love, Reign o'er Me

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
"Love, Reign o'er Me"
sinxelo de The Who
do álbum Quadrophenia
Lanzamento 23 de outubro de 1973
Formato vinilo
Gravada maio de 1972
Xénero musical hard rock, rock sinfónico
Duración 5:48
Discográfica Track/MCA
Produtor(es) Glyn Johns, The Who
Escritor(es) Pete Townshend
Cronoloxía
"5:15" "Love, Reign o'er Me" "The Real Me"
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Love, Reign o'er Me" é unha canción da banda inglesa de rock The Who. Escrita polo guitarrista e compositor Pete Townshend, foi editada o 23 de outubro de 1973 como segundo sinxelo do seu sexto álbum de estudio, Quadrophenia. A canción acadou o número 76 na lista Billboard Hot 100 e o 54 na Cash Box.

"Love, Reign o'er Me", xunto con "Is It in My Head?" que tamén está en Quadrophenia, remóntanse ao ano 1972. Ámbalas dúas inicialmente compuxéronse para que formasen parte do álbum autobiográfico non editado Rock Is Dead—Long Live Rock!, e posteriormente converteuse en Quadrophenia.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas compostos por Pete Townshend.

7" (EEUU)
  1. "Love, Reign o'er Me" - 3:07
  2. "Water" - 6:25
7" (Bélxica e Países Baixos)
  1. "Love, Reign o'er Me" - 3:07
  2. "Is It in My Head?" - 3:46
"Love, Reign o'er Me"
sinxelo de Pearl Jam
Lanzamento 23 de febreiro do 2007
Formato descarga dixital
Gravada 2006
Xénero musical rock alternativo
Duración 5:34
Discográfica Monkey Wrench
Produtor(es) Brendan O'Brien, Pearl Jam
Escritor(es)
Cronoloxía
"Gone" "Love, Reign o'er Me" "The Fixer"
Miscelanea {{{miscelanea}}}

Versión de Pearl Jam[editar | editar a fonte]

A banda estadounidense de rock alternativo editou unha versión de "Love, Reign o'er Me" para a película do ano 2007 Reign Over Me, que toma o seu nome do tema de The Who. A canción de Pearl Jam pode escoitarse nos créditos finais do filme. O sinxelo do tema sería aparecería como descarga dixital o 23 de febreiro do 2007.