Just Breathe
Aparencia
| Just Breathe | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Pearl Jam | |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
"Just Breathe" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo Pearl Jam, editada o 31 de outubro do 2009 como segundo sinxelo do noveno álbum do grupo, Backspacer. O sinxelo foi lanzado como dobre cara-a xunto con "Got Some". Acadou o número cinco da lista Billboard Rock Charts e o número seis na Billboard Alternative Charts.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todas as letas por Eddie Vedder
- "Got Some" (música: Jeff Ament) – 3:01
- "Just Breathe" (música: Vedder) – 3:34