Saltar ao contido

Gone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gone
Pearl Jam Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
Implicados
 Interpretado por
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
2006 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
Localización
 País de orixe
Wikidata

"Gone" é un sinxelo da banda estadounidense de rock alternativo Pearl Jam, editado o 7 de outubro do 2006 e sacado do seu oitavo álbum Pearl Jam. O tema acadou o número 40 na lista Billboard Modern Rock Tracks.

Orixe e gravación

[editar | editar a fonte]

A canción foi escrita por Eddie Vedder o 30 de setembro de 2005 no cuarto 1152 do Hotel Borgata, localizado en Atlantic City, Nova Jersey. Estreouse na noite seguinte, interpretándoa só Vedder, no concerto da banda no centro de eventos de Borgata. A banda gravou unha versión demo que foi lançada como parte do "sinxelo de vacacións" do ano 2005, dispoñible para os membros do seu club de seareiros.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Todos os temas por Eddie Vedder, agás onde se indique.

  1. "Gone" – 4:09
  2. "Come Back" (live) (Mike McCready, Vedder) – 5:18
  3. "Gone" (live) – 4:01