9.11.2011 Toronto, Canada
| 9.11.2011 Toronto, Canada | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Pearl Jam | |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
9.11.2011 Toronto, Canada é un álbum ao vivo da banda estadounidense de rock alternativo Pearl Jam,[1] publicado o 10 de novembro de 2011 a través do selo Monkeywrench Records. O disco foi editado exclusivamente como descarga dixital gratuíta a través de Google Play Music, anticipándose ao lanzamento oficial desta páxina o 16 de novembro.[2]
O álbum foi gravado durante o concerto de Pearl Jam o 11 de setembro de 2011 en Toronto, Ontario, no Air Canada Centre. O concerto conmemorou o décimo aniversario dos atentados do 11-S contra o World Trade Center e o Pentágono.[3] A banda tamén estaba en Toronto, xa que o seu documental dirixido por Cameron Crowe, Pearl Jam Twenty, se estreara no Festival Internacional de Cine de Toronto a noite anterior.[3] Este foi o primeiro de dous concertos que tocaron na cidade en días consecutivos durante a xira Pearl Jam Twenty.[3] O abreconcertos das actuacións do 11 e 12 de setembro foi Mudhoney.[4] O concerto tamén marcou a primeira vez que Pearl Jam tocou en Toronto desde o 21 de agosto de 2009.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Eddie Vedder, agás onde se indique.
| N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1. | "Long Road" | 5:37 | |||||||
| 2. | "Do the Evolution" | Stone Gossard & Vedder | 3:39 | ||||||
| 3. | "Once" | Gossard & Vedder | 3:18 | ||||||
| 4. | "Got Some" | Jeff Ament & Vedder | 4:25 | ||||||
| 5. | "Faithfull" | Mike McCready & Vedder | 4:57 | ||||||
| 6. | "Nothing as It Seems" | Ament | 5:32 | ||||||
| 7. | "Elderly Woman Behind the Counter in a Small Town" | Dave Abbruzzese, Ament, Gossard, McCready & Vedder | 7:08 | ||||||
| 8. | "Setting Forth" (versión de Eddie Vedder) | 1:27 | |||||||
| 9. | "Not for You" (dá paso a "Modern Girl", unha versión de Sleater-Kinney) | Abbruzzese, Ament, Gossard, McCready & Vedder / Carrie Brownstein, Corin Tucker & Janet Weiss | 6:30 | ||||||
| 10. | "Given to Fly" | McCready & Vedder | 3:59 | ||||||
| 11. | "Just Breathe" | 3:58 | |||||||
| 12. | "Off He Goes" | 5:31 | |||||||
| 13. | "Daughter" (segues into "It's OK", a Dead Moon cover) | Abbruzzese, Ament, Gossard, McCready & Vedder / Fred Cole | 6:42 | ||||||
| 14. | "Grievance" | 3:14 | |||||||
| 15. | "Down" | Gossard, McCready & Vedder | 3:04 | ||||||
| 16. | "Unthought Known" | 4:01 | |||||||
| 17. | "The Fixer" | Matt Cameron, Gossard, McCready & Vedder | 3:18 | ||||||
| 18. | "Porch" | 7:21 | |||||||
| 19. | "Encore Break 1" | 3:30 | |||||||
| 20. | "Nothingman" | Ament & Vedder | 4:25 | ||||||
| 21. | "Better Man" (dá paso a "Save It for Later", unha versión de English Beat) | Vedder / Roger Charlery, Andy Cox, Everett Morton, David Steele & Dave Wakeling | 8:20 | ||||||
| 22. | "Leatherman" | 2:32 | |||||||
| 23. | "Black" | Gossard & Vedder | 7:48 | ||||||
| 24. | "Rearviewmirror" | 7:01 | |||||||
| 25. | "Encore Break 2" | 0:37 | |||||||
| 26. | "Chloe Dancer" (versión de Mother Love Bone) | Ament, Bruce Fairweather, Greg Gilmore, Gossard & Andrew Wood | 2:06 | ||||||
| 27. | "Crown of Thorns" (versión de Mother Love Bone) | Ament, Fairweather, Gilmore, Gossard & Wood | 5:53 | ||||||
| 28. | "Alive" | Gossard & Vedder | 6:48 | ||||||
| 29. | "Rockin' in the Free World" (con Neil Young) | Neil Young | 12:44 | ||||||
| 145:42 | |||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pearl Jam - 9.11.2011 Toronto, Canada (2011)". KoppaMusic.BlogSpot.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2012. Consultado o 7 de decembro de 2011.
- ↑ Farrar, Justin (10 de novembro de 2011). "Toronto 9.11.11 Pearl Jam". Android Market. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 7 de decembro de 2011.
- 1 2 3 "Air Canada Centre, Toronto - Sept. 11, 2011". archive.ph. Archived from the original on 01/01/2013. Consultado o 2026-02-21.
- ↑ "Pearl Jam and Mudhoney Teaming Up for Canadian Tour". exclaim!. Consultado o 21 de febreiro de 2026.