Rock sinfónico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rock sinfónico
Orixe musicalrock progresivo, baroque pop, art rock, música clásica
Orixe culturalfinais de 60 no Reino Unido e Estados Unidos
Instrumentos típicosguitarra, baixo, teclados, piano, batería, violín, cordas e outros instrumentos acústicos e electrónicos
Subxéneros
neo-prog
Xéneros de fusión
metal sinfónico

O rock sinfónico é un subxénero do rock progresivo. Dende os primeiros tempos da historia do rock progresivo, o termo ten sido usado para distinguir á música deste estilo con influencia máis clásica das formas máis psicodélicas e experimentais do progresivo.

O rock sinfónico pode ser descrito como unha combinación de rock progresivo coas tradicións da música clásica. Algúns artistas interpretan arranxos de temas clásicos ou compoñen pezas orixinais con estruturas compositivas clásicas. Ademais, poden tocar co acompañamento dunha orquestra sinfónica ou usar sintetizadores ou mellotron para emular instrumentos orquestrais.