Saltar ao contido

Louis Pierre Vieillot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLouis Pierre Vieillot

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de maio de 1748 Editar o valor en Wikidata
Yvetot, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte24 de agosto de 1830 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Sotteville-lès-Rouen, Francia Editar o valor en Wikidata
ResidenciaFrancia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoOrnitoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo, naturalista, ornitólogo, zoólogo Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaVieillot Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesRodolphe Vieillot Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4862767

Louis Pierre Vieillot, nado o 10 de maio de 1748 no comuna de Yvetot, departamento de Seine-Maritime, Normandía, e finado o 24 de agosto de 1830 en Rouen, no mesmo departamento, foi un ornitólogo francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Partida do bautismo de Louis Pierre Vieillot, 12 de maio de 1748, en Yvetot.
Partida de defunción de Louis Pierre Vieillot en Sotteville-lès-Rouen.

A familia de Louis Pierre Vieillot tiña intereses na illa da Española, en Haití, e alí pasou gran parte da súa xuventude.

Prohibida a súa presenza en Francia durante a Revolución francesa, refuxiouse nos Estados Unidos onde estudou a fauna aviaria. Como resultado da súa estancia neste país publicou o libro, incompleto, Les Oiseaux de l'Amérique septentrionale (1808).

De volta a Francia en 1800 (ou 1801), ocupou un modesto emprego no Bulletin des Lois.

Nos anos seguintes, Vieillot publicou a Histoire des oiseaux dorés ou à reflets métalliques (1802) e a Histoire naturelle des plus beaux oiseaux chanteurs de la zone torride (1805).

En 1802, en colaboración con Jean Baptiste Audebert, publicou a Histoire naturelle et générale des colibris, oiseaux-mouches, jacamars et promerops, seguida da Histoire naturelle et générale des grimpereaux et des oiseaux de paradis.

Na Analyse d'une nouvelle ornithologie élémentaire, que apareceu en 1816, Vieillot tenta anticiparse a certos traballos de Georges Cuvier. Participa activamente na redacción do Nouveau dictionnaire d'histoire naturelle (1803-1819).

Vieillot foi un dos primeiros ornitólogos que estudou es modificacións da plumaxe. Tiraba as súas observacións de aves mortas, pero tamén dos traballos de campo.

Describiu un gran número de especies novas para a ciencia, especialmente provenientes das Antillas e da América do Norte.

Non puido acabar a súa Ornithologie française, ou Histoire naturelle, générale et particulière des oiseaux de France, cuxa apariciónn comezou en 1823 e interrompeuse pola morte do seu autor.

Vieillot morreu esquecido e na máis absoluta miseria en 1830 en Rouen. Porén, varias especies de paxaros foron denominadas na súa honra, como Lybius vieilloti e Saurothera vieilloti, e tamén se lle dedicaron nomes vernáculos en francés, como o moucherolle de Vieillot (Hirundinea ferruginea).

  • Histoire naturelle des plus beaux oiseaux chanteurs de la zone torride, Dufour, París, 1805.
  • Histoire naturelle des oiseaux de l'Amérique septentrionale, Desray, París, 1807-1808.
  • Analyse d'une nouvelle ornithologie élémentaire, d'Éterville, París, 1816.
  • Mémoire pour servir à l'histoire des oiseaux d'Europe, Turín, 1816.
  • Ornithologie, Lanoe, París 1818.
  • Faune française ou Histoire naturelle, générale et particulière des animaux qui se trouvent en France, Le Vrault & Rapet, París, Estrasburgo, Bruxelas, 1820-1830.
  • La galerie des oiseaux du cabinet d'histoire naturelle du jardin du roi, Aillard & Constant-Chantpie, París, 1822-1825.
  • Ornithologie française ou Histoire naturelle, générale et particulière des oiseaux de France, Pelicier, París, 1830.

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Vieillot emprégase para recoñecer a Louis Pierre Vieillot como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]