Saltar ao contido

Louis Désiré Blanquart-Evrard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLouis Désiré Blanquart-Evrard
Nome orixinal(fr) Louis Désiré Blanquart-Évrard Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de agosto de 1802 Editar o valor en Wikidata
Lille, Francia
Morte28 de abril de 1872 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Lille, Francia
País de nacionalidadeFrancesa
Actividade
OcupaciónFotógrafo e impresor
EmpregadorEcole Centrale de Lille Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1075905


Louis Désiré Blanquart-Evrard, nado en Lille o 2 de agosto de 1802  e finado no mesmo lugar o 28 de abril de 1872,[1] foi un fotógrafo e editor francés, coñecido por inventar o procedemento da copia á albumina. Presentou o seu invento na Academia de artes de París o 27 de maio de 1850.

Era un comerciante de roupa que na década de 1840 comezou a interesarse pola fotografía. Estudou o calotipo e en 1847 foi o primeiro en difundir este procedemento en Francia, mellorou substancialmente o proceso ao empregar nitrato de prata, ioduro de potasio e situando o papel húmido directamente na cámara entre dous cristais. En 1850 desenvolveu e publicou a técnica da copia en papel á albumina, que alcanzou un grande éxito.

En 1851 fundou preto de Lille a Imprimerie Photographique, unha editorial de arte a grande escala con preto de corenta empregados, que difundiu as imaxes doutros fotógrafos franceses, como Hippolythe Bayard, Marville, Lle Secq, ou Salzmann, en grandes álbums fotográficos. En 1854 foi membro fundador da Sociedade Francesa de Fotografía.[2]

  1. Day, Lance; McNeil, Ian, eds. (1995). Biographical Dictionary of the History of Technology (en inglés). 
  2. Hannavy, John, ed. (2007). Encyclopedia of nineteenth-century photography (en inglés). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]