Arnefrido de Friúl
Arnefrido de Friúl | |
---|---|
Nacemento | século VIxuliano |
Falecemento | 663 |
Lugar de falecemento | Nimis |
Ocupación | aristócrata |
Pai | Lopo de Friúl |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Arnefrido (? – Nimis, 663) foi un duque longobardo de Friúl, fillo de Lupo, duque de Friúl.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Á morte do seu pai Lupo, morto en batalla ante os ávaros que invadiran o ducado de Friúl chamados polo rei longobardo Grimoaldo (que quixera deste xeito castigar a rebelión do duque), Arnefrido reclamou para si o trono ducal. Grimoaldo, porén, atopábase aínda no ducado co seu exército; así Arnefrido, teméndoo, buscou refuxio onda os veciños eslavos, en Carnunto. Desde aquí partiu, á fronte dos mesmos eslavos, cara a Italia, coa intención de reconquistar o ducado; pero foron os mesmos longobardos friulanos quen o detiveron, asaltándoo e matándoo preto do castelo de Nimis, non distante de Cividale (663). No seu posto, Grimoaldo nomeou duque ao fiel Vechtari.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Historia dos longobardos, Lorenzo Valla/Mondadori, Milano 1992).