Xisulfo II de Friúl
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século VI |
| Morte | 611 (Gregoriano) |
| Causa da morte | morte en combate |
| Actividade | |
| Ocupación | aristócrata |
| Outro | |
| Título | Duque de Friúl (década de 590–década de 610) |
| Familia | Gausos |
| Cónxuxe | Romilda of Friuli |
| Fillos | Acca of Friuli, Geila von Friaul, Caco de Friul, Tasón de Friúl, Grimoaldo I de Benevento, Radoaldo de Benevento |
| Pai | Xisulfo I de Friúl |
| Irmáns | Grasulfo II de Friúl |
Xisulfo II (... – circa 610) foi un duque longobardo, duque do Friúl desde o 590 ata o 610 aproximadamente.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicialmente oposto ao rei Axilulfo, no 603 reconciliouse co soberano. Intervén nas cuestións relativas ao patriarcado de Aquileia, instituído daquela polo Cisma tricapitolino. No 607 o patriarcado foi dividido entre dous patriarcas: un, adherido ao cisma, ligado aos longobardos e o outro, que vivía en Grado, próximo aos bizantinos e fiel a Roma. Xisulfo sostén a elección a patriarca do tricapitolino Xoán en oposición ao católico Candidiano.
Aos poucos anos, probabelmente no 610, Xisulfo debeu afronta unha invasión dos ávaros. Malia o grande valor amosado en batalla, segundo Paulo Diácono, o encontro volveuse a favor dos invasores, numericamente superiores.
O duque de Friúl, Xisulfo, afrontouno audazmente cos longobardos que puido reunir; mais, malia combateren con grande coraxe, poucos contra unha inmensa multitude, foi rodeado por todas partes e morto con case todos os seusPaulo Diácono, Historia Langobardorum, IV, 37Gisulfus Foroiulanus dux cum Langobardis, quos habere poterat, audacter occurrit; sed quamvis forti animositate contra inmensam multitudinem bellum cum paucis gereret, undique tamen circumseptus, cum omnibus pene suis extinctus est
A capital do ducado, Cividale, con todo, resistiu, pero caeu pouco despois a causa da traizón da muller de Xisulfo, Romilda. Desta tivera oito fillos: catro homes (Caccón e Tasón, Radoaldo e Grimoaldo) e catro mulleres (Appa, Gaila e outras dúas das que Paulo Diácono non lle sabía os nomes).
Fontes
[editar | editar a fonte]- Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Historia dos Longobardos, Lorenzo Valla/Mondadori, Milán 1992).