Lope de Aguirre
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de novembro de 1510 ↔ 1518 Araotz |
| Morte | 27 de outubro de 1561 Barquisimeto |
| Causa da morte | homicidio |
| Outros nomes | el Loco el Tirano el Peregrino |
| Actividade | |
| Ocupación | conquistador, conquistador |
| Familia | |
| Fillos | Elvira de Aguirre |
| Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Aguirre, Lope de) New International Encyclopedia Dicionario de Historia de Venezuela |
Lope de Aguirre ou ben Lope o Tolo ou Lope o Tirano, alcumes usados mesmo polos seus propios homes, e tamén como se denominaba a si mesmo Lope de Aguirre o Peregrino, nado o 8 de novembro entre 1511 e 1515, e finado o 27 de outubro de 1561, foi un explorador vasco e conquistador de Suramérica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Segundo algunhas fontes, Aguirre naceu entre 1511 e 1515 no Val de Araoz do Señorío de Oñati, entón pertencente ó Reino de Castela[1]. Araoz pertence actualmente ó municipio de Oñati (Guipúscoa).
Protagonizou un episodio de cruentos asasinatos selectivos para erixirse en líder dunha expedición na procura de El Dorado e, á súa vez, acaudillou unha rebelión contra a Monarquía Española. Rebelouse contra o rei Filipe II de España, ó que enviou cartas cunha linguaxe correcta pero rebelde. Como consecuencia, el e os seus homes foron perseguidos ó longo de miles de millas, e foi morto en Barquisimeto, en territorio da actual Venezuela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Biografía de Lope de Aguirre, Enciclopedia Auñamendi.