Lockheed F-117 Nighthawk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lockheed F-117 Nighthawk
F-117 Nighthawk Front.jpg
Tipoavión de ataque furtivo
FabricanteLockheed Corporation
Lockheed Martin
Primeiro voo18 de xuño de 1981
Introducido15 de outubro de 1983
Retirado22 de abril do 2008
Unidades construídas64

O Lockheed F-117 Nighthawk e un caza de ataque a terra dun único asento, bimotor, e con capacidade furtiva antigamente operado pola Forza Aérea dos Estados Unidos (USAF). O primeiro voo do F-117A tivo lugar no ano 1981, e o avión estivo operativo en outubro de 1983. O F-117A foi revelado ao mundo en novembro de 1988.

Un produto de Lockheed Skunk Works e un desenvolvemento da tecnoloxía do demostrador Have Blue, converteuse no primeiro avión operacional inicialmente deseñado ao redor da tecnoloxía furtiva. O F-117A foi amplamente publicitado durante a Guerra do Golfo de 1991. Tamén usouse en Iugoslavia onde se perdeu o único exemplar en combate derrubado por un mísil terra-aire o 27 de marzo de 1999. Foi comunmente chamado "Stealth Fighter", aínda que era un avión de ataque a terra, facendo da súa F-unha designación enganosa.

A USAF retirouno o 22 de abril do 2008, principalmente debido á posta en servizo do F-22 Raptor e a inminente introdución do F-35 Lightning II. Foron fabricados 64 F-117, 59 deles eran exemplares de produción e 5 prototipos/demostradores.