Lluís Martínez i Sistach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lluís Martínez i Sistach
Mons. Martinez Sistach (30277911963).jpg
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento29 de abril de 1937 en Barcelona, España
Ordes
Ordenación sacerdotal17 de setembro de 1961, por Gregorio Modrego
Consagración episcopal27 de decembro de 1987, por Narciso Jubany
Creado cardeal24 de novembro de 2007, por Bieito XVI
Arcebispo de Barcelona
Cardeal-Presbítero de San Sebastiano alle Catacombe
2004 - 2015
PredecesorRicard Maria Carles
SucesorJuan José Omella
Outros
Coat of arms of Lluis Martinez i Sistach.svg
Escudo de Lluís Martínez i Sistach
Ficha en catholic-hierarchy.org

Lluís Martínez i Sistach, nado o 29 de abril de 1937 en Barcelona (España), é un cardeal da Igrexa Católica, bispo de Tortosa entre 1991 e 1997, arcebispo metropolitano de Tarragona entre 1997 e 2004, e arcebispo metropolitano de Barcelona entre 2004 e 2015.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Lluís Martínez i Sistach naceu o 29 de abril de 1937 en Barcelona (España).

O 17 de setembro de 1961 foi ordenado sacerdote da arquidiocese de Barcelona polo seu arcebispo Gregorio Modrego.

O 6 de novembro de 1987 foi nomeado bispo auxiliar de Barcelona e titular de Aliezira, recibindo a consagración episcopal o 27 de decembro do mesmo ano de mans do cardeal Narciso Jubany, arcebispo de Barcelona, e sendo os co-consagrantes o nuncio en España Mario Tagliaferri e o arcebispo de Tarragona Ramón Torrella Cascante.

O 17 de maio de 1991 o papa Xoán Paulo II nomeouno bispo de Tortosa. Seis anos máis tarde, o 20 de febreiro de 1997, foi nomeado arcebipo de Tarragona.

O 15 de xuño de 2004 foi nomeado arcebispo de Barcelona. O papa Bieito XVI, no consistorio do 24 de novembro de 2007 creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de San Sebastiano alle Catacombe.

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

Foi nomeado doutor honoris causa pola Pontificia Universidade Católica Madre e Mestra en 2011, e pola Pontificia Facultade de Teoloxía de Varsovia en 2012.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El cardenal de Barcelona, doctor honoris causa por la Universidad Católica de Varsovia". ZENIT. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2014. Consultado o 29 de outubro de 2014. 
  2. "Doktorat honoris causa dla arcybiskupa Barcelony". Polskie Radio. Consultado o 29 de outubro de 2014. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Ricard Maria Carles
 Bispo de Tortosa 
1991 - 1997
Sucesor:
Javier Salinas Viñals
Predecesor:
Ramon Torrella i Cascante
 Arcebispo metropolitano de Tarragona 
1997 - 2004
Sucesor:
Jaume Pujol i Balcells
Predecesor:
Ricard Maria Carles
 Arcebispo metropolitano de Barcelona 
2004 - 2015
Sucesor:
Juan José Omella
Predecesor:
Johannes Willebrands
 Cardeal-Presbítero de San Sebastián das Catacumbas 
2007 - actualidade
Sucesor:
(no cargo)