Saltar ao contido

Listeriáceas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Listeriáceas
 Nome taxon
    Listeriaceae Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
Clasificación taxonómica
 ReinoBacillati
 FiloBacillota
 ClaseBacilli
 OrdeCaryophanales
 FamiliaListeriaceae Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/09rg_v Editar o valor en Wikidata
ITIS956449 Editar o valor en Wikidata
OTT68426 Editar o valor en Wikidata
CoLC4S Editar o valor en Wikidata
EOL7784 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

As Listeriáceas ou Listeriaceae son unha familia de bacterias grampositivas da orde Bacillales, cuxo xénero tipo é Listeria (nomeada en honor ao médico británico Joseph Lister), e que comprende tamén o xénero Brochothrix.[1]

As especies do xénero Listeria poden encontrarse no chan, augas residuais, plantas e feces de seres humanos e animais sans. Brochothrix atópase principalmente no chan, carnes, herba e ensilados e carnes refrixeradas.[2].

Características

[editar | editar a fonte]

Son bacilos. Aerobias ou anaerobias facultativas. Non forman esporas. Son positivas na probas da catalase e na reacción de Voges-Proskauer. As do xénero Brochothrix non son móbiles, pero as Listeria teñen mobilidade por flaxelos peritricos. As temperaturas óptimas para Brochothrix están entre 20 e 25 °C e para Listeria entre 30 e 37 °C.

Patoxenia

[editar | editar a fonte]

O principal patóxeno da familia é a Listeria monocytogenes que causa no home a listeriose. Listeria ivanovii e Listeria monocytogenes son parasitas de animais. Como Listeria monocytogenes e Brochothrix thermosphacta son tolerantes ao frío poden sobrevivir en alimentos refrixerados. B. thermosphacta pode estragar as carnes, pero non é patóxena para os humanos ou animais.[3]

  1. JP. Euzéby: List of Prokaryotic Names with Standing in Nomenclature. Familie Listeriaceae Arquivado 23 de maio de 2012 en Wayback Machine. Stand: 26. April 2013.
  2. Martin Dworkin, Stanley Falkow, Eugene Rosenberg, Karl-Heinz Schleifer, Erko Stackebrandt: The prokaryotes, 3ª edición, Volume 3: Archaea, Bacteria: Firmicutes, Actinomycetes. Springer-Verlag, New York u. a. O. 2006, ISBN 978-0-387-25493-7 (libro), ISBN 978-0-387-30747-3 (online), doi:10.1007/0-387-30743-5
  3. "Springer reference". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 01 de agosto de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]