Lista de catástrofes naturais en 2019

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta é unha lista das catástrofes naturais que aconteceron durante o ano 2019.

Catástrofes naturais por países[editar | editar a fonte]

País mortos feridos desprazados desaparecidos
Brasil 157 0 0 165
Estados Unidos de América Estados Unidos 44 40 0 0
Perú 39 14 0 0
Bolivia 38 0 0 0
Paquistán 23 0 0 0
Chile 6 0 0 0

Catástrofes naturais por continentes[editar | editar a fonte]

Continente Mortos Feridos Desprazados Desaparecidos
América 144 0 0 248
Asia 23 0 0 0

Catástrofes naturais por mes[editar | editar a fonte]

Xaneiro[editar | editar a fonte]

Finais de xaneiro

  •  Estados Unidos: Unha situación de frío extremo afectou a finais de xaneiro ao medio oeste dos Estados Unidos de América, a cal deixou ao menos 21 vítimas mortais e decenas de hospitalizados por casos de hipotermia e gangrena.[1]

25 de xaneiro

Febreiro[editar | editar a fonte]

2 de febreiro

  •  Bolivia: Un corremento de terras, provocado polas fortes choivas, nunha autoestrada que une A Paz e Caravani, concretamente na zona de Yungas deixou polo menos 8 vítimas mortais e decenas de feridos.[4]

10 de febreiro

  •  Chile: As inundacións, provocadas polas intensas choivas, que afectaron o norte do país, deixaron 6 mortos, centos de damnificados e máis de 2000 vivendas danadas.[5]

19 de febreiro

  •  Perú: As inundacións e os deslizamentos de terra, provocadas polas intensas choivas dende inicios de ano, en diversas localidades das rexións de Piura, Arequipa, Moquegua, Tacna e Puno, deixaron polo menos 39 vítimas mortais, 14 feridos e 8299 afectados.[6]

20 de febreiro

  •  Paquistán: As inundacións provocadas polas chuvias torrenciais en distintos lugares do país, deixou polo menos 23 vítimas mortais.[7]

Marzo[editar | editar a fonte]

3 de marzo

  •  Estados Unidos: Dous tornados afectaron a varias localidades do estado de Alabama, onde deixaron polo menos 23 vítimas mortais, 40 persoas feridas e un número descoñecido de desaparecidos. As autoridades non descartan que aumente o número de mortos e de feridos.[8]

8 de marzo

  •  Bolivia: As fortes choivas durante as últimas semanas no país, provocando inundacións e desprazamentos de terra, deixou polo menos 30 mortos, 19.939 familias afectadas e 6.657 damnificadas. Ademais de 19.058 hectáreas de cultivo quedaron danadas e 182 vivendas foron destruídas.[9]

16-17 de marzo

  •  Indonesia: As inundacións e derrubamentos de terra que afectaron a provincia de Papúa, deixou 92 vítimas mortais, 160 feridas, 75 desaparecidas e 8507 desprazadas.[10]

23 de marzo

  •  Mozambique,  Cimbabue e  Malaui: Ciclón Idai de 2019. Un ciclón, que responde o nome de Idai provocou múltiples inundacións debido as intensas choivas que afectaron ao sueste africano, deixando un total de 1007 mortos. O país máis damnificado foi Mozambique no cal o ciclón deixou o 90 % da cidade de Beira destruída ou danada, ademais de 603 vítimas mortais, 1400 feridos, 600000 desprazados, 17400 vivendas danadas ou destruídas, 385000 hectáreas de cultivos afectadas e 1800000 de afectados. O presidente mozambicano teme que o número de vítimas supera as mil, xa que aínda non se puido acceder as zonas máis afectadas. En Cimbabue, que lle afectou o ciclón, dende o 16 de marzo, deixou polo menos 344 mortos, 200 feridos e 250.000 afectados. As localidades máis afectadas son Chimanimani e Chipinge. En Malaui, foi o primeiro país afectado por este ciclón, deixou polo menos 60 vítimas mortais, máis de 600 feridos, 94000 desprazados e 840000 afectados. As localidades máis afectadas deste último país son Chiwawa e Nsanje.[11][12]

Outubro[editar | editar a fonte]

4 outubro-Actualidade

  •  Xapón: Tifón Hagibis. O tifón Hagibis afectou a varias zonas do Xapón, clasificado como o peor tifón dos últimos 60 anos no Xapón, deixando ata o día do 13 de outubro de 2019, polo menos 77 vítimas mortais, 9 desaparecidas e máis de 100 persoas feridas. Ademais o goberno xaponés fixo advertencias de evacuación a máis de 6 millóns de persoas; 376.000 fogares están sen electricidade e outros 14.000 sen auga potable.[13][14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. EUROPA PRESS (1 de febreiro de 2019). "La ola de frío deja al menos 21 muertos en Estados Unidos". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 3 de febreiro de 2019. 
  2. EUROPA PRESS (1 de febreiro de 2019). "Aumentan a 115 los muertos por la rotura de una presa en Brasil". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 3 de febreiro de 2019. 
  3. EUROPA PRESS (9 de febreiro de 2019). "Ya son 157 los muertos por la rotura de la presa de Brumadinho en Brasil". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 10 de febreiro de 2019. 
  4. Reuters/EP (3 de febreiro de 2019). "Al menos ocho muertos y decenas de heridos por un deslizamiento de tierras en una autopista en Bolivia". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 3 de febreiro de 2019. 
  5. Euronews  (10 de febreiro de 2019). "Trágicas inundaciones en el norte de Chile". es.euronews.com (en castelán). Consultado o 7 de marzo de 2019. 
  6. Clarín.com (19 de febreiro de 2019). "Al menos 39 muertos y 8.299 afectados por las fuertes lluvias en Perú". www.clarin.com (en castelán). Consultado o 8 de marzo de 2019. 
  7. EUROPA PRESS (21 de febreiro de 2019). "Mueren al menos 23 personas a causa de las lluvias torrenciales en Pakistán". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 22 de febreiro de 2019. |
  8. AGENCIAS (4 de marzo de 2019). "Al menos 23 muertos tras el impacto de dos tornados en Alabama". elpais.com (en castelán). Consultado o 5 de marzo de 2019. 
  9. Notimérica (8 de marzo de 2019). "Al menos 30 muertos y más de 26.000 damnificados a causa de las fuertes lluvias en Bolivia". m.notimerica.com (en castelán). Consultado o 9 de marzo de 2019. 
  10. DPA/EP (19 de marzo de 2019). "Asciende a 92 la cifra de muertos por las inundaciones en la provincia indonesia de Papúa". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2019. 
  11. EUROPA PRESS (23 de marzo de 2019). "El ciclón 'Idai' deja al menos 732 muertos y casi tres millones de afectados a su paso por el sureste de África". www.europapress.es (en castelán). Consultado o 23 de marzo de 2019. 
  12. El Periódico (15 de abril de 2019). "Un mes del ciclón 'Idai': más de 1.000 muertos y 1,8 millones de afectados". www.elperiodico.com (en castelán). Consultado o 14 de xuño de 2019. 
  13. AP (13 de outubro de 2019). "Al menos 33 muertos y un centenar de heridos tras el paso del tifón Hagibis en Japón". www.lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 13 de outubro de 2019. 
  14. REDACCIÓN (17 de outubro de 2019). "Ascienden a 77 los muertos a causa del paso del tifón 'Hagibis' por Japón". www.lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]