O accidente ocorreu só tres anos despois do desastre da represa de residuos mineiros de Mariana, a menos de 200 quilómetros de Brumadinho, que tamén era controlada por Vale en conxunción con BHP Billiton. O presidente de Vale, nunha conferencia de prensa, sinalou que, a diferenza de Mariana, na traxedia de Brumadinho "o dano humano será maior".[3]