Saltar ao contido

Lista das estrelas máis luminosas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Debaixo hai disposta unha lista das estrelas máis luminosas, é dicir, unha listaxe de estrelas ordenadas decrecentemente en base á súa magnitude bolométrica absoluta (por luminosidade decrecente). A magnitude absoluta é a magnitude aparente que se supón que tería a estrela se esta estivese a 10 parsecs de distancia de nós. A magnitude bolométrica absoluta é a medida da luminosidade dunha estrela − o total de enerxía irradiada por unha estrela nun segundo.

Esta lista non está completa xa que moitas estrelas están demasiado lonxe, o cal imposibilita o seu estudo. Outras referencias doutras listas poden ser diferentes, poden estar ordenadas doutro xeito ou poden estar baseadas en estimacións baseadas en distintos métodos. Hai estrelas que son moi difíciles de observar, e son usados varios métodos de estudo, dando diferentes resultados, caso da Estrela Pistola ou de Eta Carinae que está rodeada por unha nebulosidade rica en po que absorbe a súa luz, dificultando o seu estudo (inclusive poderían nestes casos ser estrelas dobres).

Nome da estrela Magnitude
Visible
Aparente
Magnitude
Bolométrica
Absoluta
Luminosidade
en Unidades Solares
LBV 1806-20 (Estimación á Alta) 8.4 −14.2 38,000,000 (Dubidosa - Conversa)[1]
A Estrela Pistola (Estimación á Alta)   6,500,000
Cygnus OB2-12   −12.2 6,000,000
HD 93129A 6.97 −12.1 5,500,000
Eta Carinae 3.9 a 10.5 −12.1 5,500,000
LBV 1806-20 (Estimación Media) 8.6 −12.0 5,000,000 [2]
QPM-241   −11.9 4,500,000
R136a1(en GNL)   −11.9 4,500,000
HDE 319718   −11.8 4,200,000
WR 102ka   −11.6 3,200,000
HD 5980   −11.5 3,000,000
HDE 269810   −11.1 2,200,000 [3]
Var 83 (en M33)   −11.1 2,200,000 [4]
Wray 17-96   −10.9 1,800,000 [5]
A Estrela Pistola (Estimación á Baixa)   −10.8 1,700,000
AF And (en M31)   −10.8 1,600,000 [6]
Var B (en M33)   −10.4 1,100,000 [7]
AG Carinae 7.1 a 9.0 −10.3 1,000,000 [8]
S Doradus 8.6 a 11.8 −10.1 870,000
Var C (en M33)   −9.8 660,000 [9]
Rho Cassiopeiae 4.4 −9.6 550,000
HR Carinae   −9.5 500,000 [10]
AE And (en M31)   −9.4 450,000 [11]
VY Canis Majoris 7.95 −9.4 450,000 [12]
Chi2 Orionis 4.65 −9.3 420,000
HDE 226868 8.9 −9.25 390,000
Alnilam 1.70 −9.2 380,000
KW Sagittarii   −9.17 370,000
Zeta Puppis 2.21 −9.0 360,000
V354 Cephei   −9.15 360,000
Mu Cephei 4.04 −9.08 340,000
VV Cephei A   −9.0 315,000
WOH G64   280,000
KY Cygni   −8.84 270,000
Theta1 Orionis C 5.13 −8.6 220,000
6 Cassiopeiae     200,000 [13]
Betelgeuse 0.58   135,000 [14][Ligazón morta][15]
Alnitak 1.79 −7.8 100,000
VV Cephei B   −7.8 100,000
Mintaka 2.23 −7.6 87,000
Eta Canis Majoris 2.45 −7.51 80,000
Rigel 0.12 −7.3 66,000
Saiph 2.07 −7.3 66,000
Meissa 3.39 −7.3 66,000
Omicron1 Canis Majoris 3.83 −7.3 66,000
Antares 0.92 −7.2 60,000
Deneb 1.25 −6.95 47,000
Psi1 Aurigae 4.92 −6.95 47,000
Delta Canis Majoris 1.83 −6.87 44,000
Sigma Orionis A 4.2 −6.6 35,000
Beta Crucis 1.25 −6.6 35,000
Eta Orionis 3.38 −6.5 32,000
Omicron2 Canis Majoris 3.02 −6.46 30,000
Alpha Crucis 0.76 −6.25 25,000
Gamma Cygni 2.23 −6.12 22,000
Alpha Herculis 3.48 −5.97 19,400
Epsilon Aurigae 3.04 −5.95 19,000
Pi4 Orionis 3.67 −5.8 17,000
Iota1 Scorpii 2.99 −5.71 15,000
Eta Leonis 3.48 −5.60 14,000
Spica 1.00 −5.6 14,000
Upsilon Carinae 2.92 −5.56 13,300
Canopus −0.62 −5.53 12,900
Iota Orionis 2.77 −5.5 12,600
Beta Centauri 0.61 −5.42 11,700
Alpha Leporis 2.58 −5.40 11,500
Phi Velorum 3.52 −5.34 10,900
Gamma Velorum 1.75 −5.31 10,600
VV Orionis 5.34 −5.2 9,600
Lambda Scorpii 1.62 −5.05 8,400
Pi Puppis 2.71 −4.92 7,400
Epsilon Pegasi 2.38 −4.8 6,600
Epsilon Canis Majoris 1.50 −4.8 6,600
Bellatrix 1.64 −4.75 6,300
Xi Puppis 3.34 −4.74 6,250
Epsilon Carinae 1.86 −4.58 5,400
W Orionis 5.88 −4.4 4,600
Achernar 0.46 −4.05 3,300 [16]
Beta Lyrae 3.52 −3.91 2,900
Polaris 1.97 −3.6 2,200
Gamma Crucis 1.63 −3.2 1,500
Regulus 1.35 −1.6 350 [17]
Aldebaran 0.85 −0.63 350
Arcturus −0.04 −0.31 210
Capella 0.08 0.4 78.5
Castor 1.98 0.5 50
Vega 0.00 0.58 37
Pollux 1.14 0.7 32
Sirius −1.46 1.4 25.4
HD 38529 5.94 2.7 6.6
Tabit 3.19 3.7 2.6
Alpha Centauri A −0.01 4.38 1.519
Chi1 Orionis 4.41 4.7 1.05
Sol *amosado coma referencia −26.8 4.75 1.00

Mencionar que a estrela máis luminosa (40 millóns de veces a luminosidade do Sol) é moito menos luminosa que obxectos extragalácticos coma os quásares, do cales xa se coñecen varios centos. O quásar máis luminoso do que se ten coñecemento é o impresionantemente luminoso 3C 273 na constelación de Virgo. A súa magnitude aparente media é de 12,8 (cando é observado cun telescopio), pero a súa magnitude absoluta é de −26,7. Se este obxecto estivese a 10 parsecs de nós, aparecería no ceo case tan brillante coma o noso Sol (de magnitude aparente −26,8). A luminosidade deste quásar é polo tanto de preto de 2 billóns (1012) de veces a luminosidade do Sol, ou ó redor de 100 veces máis da luminosidade media dunha galaxia xigante coma a nosa Vía Láctea. Tense observado que os quásares poden variar de luminosidade en diferentes períodos de tempo.

En termos de radiación gamma, unha magnetoestrela (un tipo de estrela de neutróns) chamada SGR 1806-20, tivo un inmenso estoupido que chegou no 27 de decembro do 2004. Foi o evento máis luminoso que "impactou" co noso planeta dende fóra do noso sistema solar; se os raios gamma fosen visibles, estes terían unha magnitude absoluta de aproximadamente −29, posiblemente máis brillante co noso Sol (medido polo enxeño espacial Swift).

O Estoupido de Raios Gamma GRB 971214 medido no 1998 considerase que foi até hoxe en día o evento con máis enerxía acontecido no universo, equivalente a mitos centos de supernovas. Estudo posteriores apuntan a que podería se-la enerxía procedente dunha supernova, a cal "iluminou" na dirección da Terra debido á configuración do gas circundante.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]