Estrela dobre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Chámase estrela dobre a un par de estrelas que vistas a través dun telescopio óptico terrestre aparecen próximas entre si, vistas coma unha parella visual, mentres cunha estrela binaria é un par de estrelas que están ligadas pola súa mutua atracción gravitatoria e xiran en torno ó centro de masas de ambas; cabe polo tanto subliñar que aínda que unha estrela dobre normalmente tamén é unha binaria, isto non acontece sempre, por ex. hai estrelas dobres visuais que non teñen relación gravitatoria entre si, e pola contra hai binarias que non poden ser resoltas opticamente e polo tanto non son estrelas dobres; para non confundir ambos conceptos, hai que ter en conta que o concepto de estrela dobre é un concepto a nivel óptico, visual, e non a un nivel de interacción física entre ambas compoñentes, aínda que perfectamente pode existir unha relación óptica e gravitatoria ó mesmo tempo. Son maioría na nosa galaxia (en torno ó 60%) e existen tamén sistemas múltiples con tres ou máis estrelas.

Existen 3 tipos de estrelas dobres:

  • dobres ópticas, pódense ver separadas por medios ópticos.
  • binarias visuais, pódense ver separadas por medios ópticos e ademais están ligadas gravitacionalmente (son polo tanto tamén binarias).
  • binarias non visuais, nas que hai que recorrer a estudos espectroscopios, ocultacións ou outra anomalías.

Se facemos caso o concepto de estrela dobre, a terceira categoría non debería ser incluída, pero que unha binaria poida ser resolta visualmente ou non, depende en gran medida do telescopio co cal se trata de resolve-la binaria, polo que cos novos avances na óptica moitas non visuais caeron na categoría de visuais, de aquí nace moitas veces a confusión entre estrela dobre e estrela binaria. Esta categoría é incluída debido a estes avances, aínda que propiamente non son estrelas dobres.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]