Lingulodinium polyedrum
Lingulodinium polyedrum | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vista ventral de Lingulodinium polyedrum con ampliación de 900x. | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||
'Lingulodinium polyedrum' Dodge, 1989 |
Lingulodinium polyedrum é unha especie de dinoflaxelado móbil con armadura (anteriormente chamado Gonyaulax polyedra, nome sinónimo). A especie produce un quiste ao que se lle deu o nome de Lingulodinium machaerophorum (sinónimo Hystrichosphaeridium machaerophorum).
Ciclo de vida
[editar | editar a fonte]Como parte do seu ciclo vital, esta especie produce unha célula nun estadio de repouso, un quiste de dinoflaxelato, chamado Lingulodinium machaerophorum (sinónimo Hystrichosphaeridium machaerophorum). O quiste foi descrito primeiramente por Deflandre e Cookson en 1955 a partir do microplancto fósil do Mioceno de Balcombe Bay, Victoria, Australia da seguinte maneira: "cuberta globular, subesférica ou elipsoidal cunha membrana ríxida, máis fráxil que deformable, cuberta con numerosos procesos bicudos, longos, cónicos e duros, que lembran á folla dunha daga. A superficie da cuberta é granular ou puntiforme."[1] O seu rango estratigráfico vai do Paleoceno Superior do leste dos Estados Unidos [2] e Dinamarca [3] ata o Holoceno.
A morfoloxía do dinoquiste de parede orgánica está controlada por cambios na salinidade e temperatura nalgunhas especies, e especialmente a variación na lonxitude dos procesos (aos que ás veces se lles chama espiñas, o cal é incorrecto porque non son necesariamente puntiagudos). Esta variación morfolóxica coñécese co nome de Lingulodinium machaerophorum estudada en cultivos experimentais,[4] e estudos dos sedimentos de superficie.[5] A variación morfolóxica da lonxitude dos procesos pode aplicarse á reconstrución da salinidade de tempos pasados. Por exemplo, utilizouse para reconstruír a variación da salinidade do mar Negro.[6]
Toxicidade
[editar | editar a fonte]Lingulodinium polyedrum foi relacionado coa produción de yessotoxinas (YTXs), un grupo de toxinas poliéter estruturalmente relacionadas, que poden acumularse no marisco e producir síntomas similares aos producidos pola toxina PSP de moluscos.[7]
Luminescencia
[editar | editar a fonte]L. polyedrum produce unha brillante bioluminescencia nas augas costeiras cálidas. Por exemplo, tense observado no sur de California regularmente desde 1901.
Poden verse facilmente con ampliacións de só 100x e os seus escintilóns presentan luminescencia en resposta a tensións na superficie e acidez. A luminescencia está baixo regulación circadiana, e ten o seu máximo de noite. Debido ao seu evidente ritmo periódico nesta e na maioría das actividades fisiolóxicas e moleculares, L. polyedrum utilizouse como organismo modelo para o estudo dos reloxos en organismos unicelulares.[8]
As floracións que se producen nas poboacións deste organismo conteñen suficiente concentración de dinoflaxelados para que unha xerra de auga recollida na costa neses momentos proporcione un excelente material experimental para o seu estudo en escolas.
Aínda que a súa luminescencia pode verse a simple vista, é relativamente feble para tomar fotografías correntes, xa que normalmente se requirirán 3 segundos de exposición a f4 a un ISO de 3200, con lente de teleobxectivo de 210 mm, e debe bloquearse a luz que chega desde abaixo procedente da escuma mariña.
Como o organismo tamén se atopa na area das prais, ao camiñar de noite sobre ela prodúcese tamén luminescencia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Deflandre, G. and Cookson, I.C., 1955. Fossil microplankton from Australian Late Mesozoic and Tertiary sediments. Aust. J. Mar Freshw. Res. 6, 242-313.
- ↑ EDWARDS, L.E., GOODMAN, D.K., and WITMER, R.J. 1984 Lower Tertiary (Pamunkey Group) dinoflagellate biostratigraphy, Potomac River area, Virginia and Maryland. In: Frederiksen, N.O., and Krafft, K. (eds.), Cretaceous and Tertiary stratigraphy, paleontology, and structure, southwestern Maryland and northeastern Virginia—Field trip volume and guide book. American Association of Stratigraphic Palynologists Foundation, Dallas, Texas, p. 137–152.
- ↑ HEILMANN-CLAUSEN, C. 1985 Dinoflagellate stratigraphy of the uppermost Danian to Ypressian in the Viborg 1 borehole, central Jylland, Denmark. Danmarks Geologiske Undersøgelse, Serie A, 7: 1–69.
- ↑ Hallett, R.I., 1999. Consequences of environmental change on the growth and morphology of Lingulodinium polyedrum (Dinophyceae) in culture. Ph.D. thesis. University of Westminster, 109 pp.
- ↑ Mertens, K. N., Ribeiro, S. Bouimetarhan, I., Caner, H., Combourieu-Nebout, N. Dale, B., de Vernal, A. Ellegaard, M. Filipova, M., Godhe, A. Grøsfjeld, K. Holzwarth, U. Kotthoff, U. Leroy, S., Londeix, L., Marret, F., Matsuoka, K., Mudie, P., Naudts, L., Peña-manjarrez, J., Persson, A., Popescu, S., Sangiorgi, F., van der Meer, M., Vink, A., Zonneveld, K., Vercauteren, D., Vlassenbroeck, J., Louwye, S., 2009a. Process length variation in cysts of a dinoflagellate, Lingulodinium machaerophorum, in surface sediments investigating its potential as salinity proxy. Marine Micropaleontology 70, 54–69.
- ↑ Mertens, K.N., Bradley, L.R., Takano, Y., Mudie, P.J., Marret, F., Aksu, A.E., Hiscott, R.N., Verleye, T.J., Mousing, E.A., Smyrnova, L.L., Bagheri, S., Mansor, M., Pospelova, V. & Matsuoka, K. 2012. Quantitative estimation of Holocene surface salinity variation in the Black Sea using dinoflagellate cyst process length. Quaternary Science Reviews.
- ↑ Paz et al. 2008. Yessotoxins, a Group of Marine Polyether Toxins: an Overview. Mar. Drugs 2008, 6, 73-102; DOI: 10.3390/md20080005
- ↑ Hastings JW. 2008. The Gonyaulax clock at 50: translational control of circadian expression. Cold Spring Harb Symp Quant Biol. 2007;72:141-4. doi: 10.1101/sqb.2007.72.026