Adolfo Constenla Umaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAdolfo Constenla Umaña
Biografía
Nacemento14 de xaneiro de 1948 Editar o valor em Wikidata
San Xosé, Costa Rica Editar o valor em Wikidata
Morte7 de novembro de 2013 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
San Xosé, Costa Rica Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCosta Rica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , lingüista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Costa Rica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Adolfo Constenla Umaña, nado en San Xosé o 14 de xaneiro de 1948 e finado na mesma cidade o 7 de novembro de 2013,[1] foi un filólogo e lingüista costarriqueño, especializado nas linguas indíxenas da Baixa Centroamérica, sendo un dos máis recoñecidos especialistas nas linguas da zona intermedia americana.

Era irmán do político Guillermo Constenla, que foi deputado e ministro, ademais de presidente do Partido Liberación Nacional.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en San Xosé, era fillo dun emigrante galego, orixinario do lugar de Costenla, da parroquia estradense de Nigoi.[3] Estudou filoloxía española na Universidade de Costa Rica, institución na que se obtivo o bacharelato en 1969 e a licenciatura en 1975. En 1981, doutorouse en Lingüística pola Universidade de Pensilvania cunha tese sobre a fonoloxía comparativa das linguas chibchas. Desde 1970 traballou como docente e investigador na Facultade de Filoloxía, Lingüística e Literatura da Universidade de Costa Rica, onde se lle concedeu unha cátedra en 1983.

Constenla foi o fundador e coordinador do Programa de Investigación sobre as Linguas de Costa Rica e Áreas Limítrofes (PIL), que, durante o período de 1985 a 1996, desenvolveu con éxito unha recollida e análise de datos lingüísticos sobre un gran número de linguas nativas. O traballo desenvolvido por este programa foi a plataforma que permitiu fundar en 1998 o Instituto de Investigación Lingüística da UCR.

Tamén foi profesor visitante na Universidade Estatal de Nova York en Albany durante o curso 1988-1989 e en 1995 uniuse como membro de número da Academia Costarriqueña da Lingua como membro de pleno dereito.

Os seus artigos sobre lingüística diacrónica e descritiva das linguas indíxenas da Baixa Centroamérica e da arte verbal dos seus falantes son numerosos e, en moitos casos, fundamentais para o coñecemento do patrimonio lingüístico desta rexión. Entre as súas obras destacan Las lenguas del Área Intermedia (1991), Poesía tradicional indígena costarricense (1996), Curso básico de bribri (1998), Gramática de la lengua guatusa (1998), Poesía bribri de lo cotidiano (2006) y La lengua de Térraba (2007).

Polo seu traballo no campo da lingüística, Constenla recibiu tres veces o Premio Nacional Aquileo J. Echeverría (1979, 1998 e 2007). Ademais, en 1984 obtivo o Premio Carlos Gagini da Asociación Costarriqueña de Filoloxía e Lingüística.

Faleceu en San José, o 7 de novembro de 2013, aos 65 anos, por mor dun cancro. [1]

Obra[editar | editar a fonte]

Libros

  • Leyendas y tradiciones borucas (San José: Editorial de la Universidad de Costa Rica [EUCR], 1986).
  • Las lenguas del Área Intermedia (San José: EUCR, 1991)
  • Laca majifijica: la transformación de la tierra (San José: EUCR, 1993)
  • Gramática de la lengua guatusa (San José: Editorial de la Universidade Nacional [Euna], 1998)
  • Curso básico de bribri (San José: EUCR, 1998)
  • La lengua de Térraba (San José: EUCR, 2007)
  • Pláticas sobre felinos (San José: EUCR, 2011)
  • Leyendas y tradiciones borucas. Tomo 2 (San José: EUCR, 2011)
  • Poesía tradicional indígena costarricense (San José: EUCR, 2014)
  • Muérrajá Mausírrajáca. Pláticas sobre ogros (San José: EUCR, 2014)
  • Porétecá Maráma. Cantos guatusos de entretenimiento (San José: EUCR, 2014)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Falleció Adolfo Constenla, investigador pionero de lenguas indígenas.". 8 de noviembre de 2013. Consultado o 8 de noviembre de 2013. 
  2. "Falleció Adolfo Constenla Umaña" (en castelán). 9 de novembro de 2013. Consultado o 8 de novembro de 2023. 
  3. "Fallece Adolfo Constenla, especialista en lenguas chibcha e hijo de un emigrante de Nigoi". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de novembro de 2013. Consultado o 8 de novembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]