Linguas bálticas
Aparencia
(Redirección desde «Linguas Bálticas»)
Linguas bálticas | ||
---|---|---|
Falado en: | Norte de Europa | |
Total de falantes: | — | |
Familia: | Indoeuropeo Baltoeslavo Linguas bálticas | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | bat
| |
Mapa | ||
Status | ||
As linguas bálticas son un grupo de linguas relacionadas pertencentes á familia das linguas indoeuropeas e faladas nas beiras orientais do mar Báltico no norte de Europa. O grupo lingüístico adoita ser dividido en dous grupos: báltico occidental, ao que pertencen só linguas extinguidas, e o báltico oriental, no cal se atopan as únicas dúas linguas sobreviventes: o lituano e o letón. Aínda que están relacionadas, os vocabularios do lituano o letón difiren bastante e son inintelixibles. O antigo prusiano, hoxe extinguido, considerábase a lingua báltica máis arcaica.
Divisións
[editar | editar a fonte]Linguas bálticas occidentais:
- Galindiano †.
- Prusiano antigo †.
- Sudoviano (Iotvinxiano) †.
- Escalviano †
Linguas bálticas orientais:
- Curoniano (case extinto) — adoita considerarse como báltico occidental.
- Neo curoniano (practicamente extinto; status disputado como báltico oriental / occidental)
- Letón (~3 millóns de falantes (~1.6 nativos falantes, 800 mil. rusos falantes de letón, outros 600 mil. falantes ))
- Latgaliá (150 mil. falantes) — acostuma considerarse un dialecto do letón
- Lituano (~3.9 millóns de falantes)
- Samoxiciano — adoita considerarse un dialecto do lituano
- Seloniano †
- Xemigaliano †
(†—Lingua extinguida)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Linguas bálticas |