O samoxiciano (žemaitiu kalba en samoxiciano, žemaitiu ruoda en lituano) é un dialecto da lingua lituana falado en Samoxicia (Žemaitėjė en samoxiciano, Žemaitija en lituano), Lituania. Ás veces é considerado coma unha lingua á parte debido á pouca intelixibilidade entre o lituano estándar e o samoxiciano. De feito ten moitas diferenzas tanto fonolóxicas, morfolóxicas, sintácticas coma de vocabulario.
As diferenzas fonéticas co lituano estándar son variadas, pois cada subdialecto samoxiciano (occidental, setentrional e meridional) ten diferentes variacións.
Estándar lituano -> Samoxiciano
i -> ė curto, ás veces e
u -> o curto (nalgúns casos u)
ė -> ie
o -> uo
ie -> ė longo, ėi, ī (y) (occidental, setentrional e meridional)
uo -> ō, ou, ū (occidental, setentrional e meridional)
ai -> ā
ei, iai -> ē
ui -> oi
oi (oj) -> uo
an -> on (na parte oriental-meridional an);
un -> on (na parte oriental-meridional un);
ą -> an na parte oriental-meridional , on na parte central e ō ou ou no norte
ę -> en na parte oriental-meridional , ėn na parte central e õ, ō ou ėi no norte
ū -> ū e nalgúns casos un, um
ų -> en finais tónicos un e um
ų átono-> o
y -> ī (y), ás veces in
i orixinado do antigo ī -> ī
u orixinado do antigo ō (lituano uo) -> ō, ou, ū (occidental, setentrional e meridional)
i orixinado do antigo ei (lituano ie) -> ė longo, ėi, ī (occidental, setentrional e meridional)
č -> t e č onde ocorre unha influencia lituana
dž -> d e dž onde ocorre unha influencia lituana
ia -> ė (nalgures i e e)
io -> ė (nalgures i e e)
ią átonos -> ė (nalgures i e e)
A principal diferenza é entre a conxugación verbal samoxiciana e a lituana estándar.