Pitcairnés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lingua pitcairnesa")
Pitcairnés
Pitkern
Outros nomes: Pitkern-Norfolk
Falado en: Reino Unido e Nova Zelandia
Rexións: Illa Norfolk, Illas Pitcairn
Total de falantes: c. 400 na Illa Norfolk (2008)
36 nas Illas Pitcairn
Familia: Inglés crioulo
 Pacífico
  Pitcairnés
Escrita: Latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: pih

O pitcairnés é unha lingua crioula baseada no inglés do século XVIII e o tahitiano.[1] Xurdiu en 1790 por un grupo de amotinados británicos liderados por Fletcher Christian que se asentaron nas Illas Pitcairn despois de abandonar a súa viaxe a Tahití e queimar o seu barco, o Bounty.[2] É a principal linguas das Illas Pitcairn, malia que a forma dialectal norfolk ten máis falantes na Illa Norfolk. Isto débese á migración de xente dende Pitcairn a Norfolk en 1859, despois do cal só uns poucos regresaron. A lingua ten unha relación diglósica co inglés británico.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Did you know Pitcairn-Norfolk is endangered?". Endangered Languages (en inglés). Consultado o 10 de marzo de 2017. 
  2. Ethnologue (ed.). "Pitcairn-Norfolk". Consultado o 10 de marzo de 2017. 
  3. Wurm, Stephen (2007). Routledge, ed. Australia and the Pacific. pp. 424–557. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]