Lingua karai-karai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Karai-karai
كاراي-كاراي
Falado en: Nixeria
Rexións: Estado de Bauchi, Yobe, Estado de Gombe
Total de falantes: 1,8 millóns (2010)
Familia: Afroasiática
 Chadiana
  Chadiana occidental
   Bole-angas
    Bole-tangale (A.2)
     Bole (norte)
      Karai-karai
Escrita: Alfabeto latino
Alfabeto árabe (no pasado)
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Nixeria Nixeria
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: kai
Mapa

Territorios étnicos (en rosa) do pobo de fala karai-karai (bakwaró) en Nixeria.
Status

O hausa está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua karai-karai (كاراي-كاراي)[2] é unha lingua falada no oeste de África. O número de falantes de karai-karai estimouse en 1.500.000 a 1.800.000 (2010), e é falada principalmente polo pobo karai-karai. É unha lingua afroasiática que se distribúe por Nixeria en comunidades dos estados de Bauchi, Yobe e Gombe. Moitas palabras karai-karai comparten unha orixe común coas linguas semíticas do noroeste, como o hebreo e do árabe. A lingua karai-karai está máis estreitamente relacionada coas linguas ngamo e bole (faladas no nordeste de Nixeria) que se consideran derivadas da lingua karai-karai.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "OLAC resources in and about the Karai-Karai language". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Tikau, Abubaka Idris; Yusuf, Ibrahim; Gambo, Malam Kariya; Karofi, Umaru Manu; Mamu, Dauda; Bumi, Rifkatu I.; Schuh, Russel G. (2009). Karekare-English-Hausa dictionary (PDF) (en inglés). Potiskum: Yobe Languages Research Project. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de decembro de 2015. Consultado o 09 de outubro de 2023.