Lingua hidatsa
Aparencia
| Lingua hidatsa | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| hiraaciré’ | |||||||||||||
| |||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
A lingua hidatsa[1] é unha lingua síux do val do Missouri falada polo pobo hidatsa, que habita principalmente en Dacota do Norte e en Dacota do Sur. Está estreitamente relacionada coa lingua crow, e está seriamente ameazada pola perda de falantes. Unha descrición da cultura hidatsa-mandan, incluíndo unha gramática e un vocabulario da lingua, foi publicada en 1877 por Washington Matthews, un doutor que viviu entre os hidatsa na reserva india de Fort Berthold.[2] Segundo datos de 2007 tiña 200 falantes e minguando.[3] O hidatsa está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[4]
No presente, a lingua é obxecto de estudo na tradición da gramática xenerativa.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de hidatsa no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Matthews, Washington (1877). Ethnography and philology of the Hidatsa Indians. Government Printing Office.
- ↑ "Hidatsa en Ethnologue". Consultado o 5 de novembro de 2017.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Matthews, G.H. (1965). Hidatsa Syntax. Mouton.
| A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |

