Saltar ao contido

Lingua chipaia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua chipaia
Chipay taqu Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Alfabeto
Propiedades
 Número de falantes
1800 (2011) Editar o valor en Wikidata
 Alfabeto
 Estado de lingua da UNESCO
en perigo
Clasificación lingüística
Localización
 País
Identificadores
Freebase/m/0280kzs Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3cap Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5cap Editar o valor en Wikidata
IETFcap Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A lingua chipaia é unha lingua falada nos Andes bolivianos por ao redor de 2.000 persoas. Pertence á familia uru-chipaia, que á súa vez é un grupo illado ao que non se lle coñecen relacións próximas. O chipaia fálase na actualidade unicamente na vila de Chipaya, nas ribeiras do lago Coipasa, se ben hai testemuños de que se falou nunha zona máis grande, probabelmente na veciña vila de Isluga (Chile), e tamén a empregan os habitantes de Chipaya que van traballar fóra da súa vila como temporeiros. O chipaia está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[1]

Os chipaias denomínanse qhwaz-zh zhoñi[2] (os homes da auga), e á súa lingua chipaj tago[3]

As pescudas filoxenéticas apuntan que a separación entre a lingua uru (hoxe extinta[4]) e a chipaia se produciu entre os séculos II e III dC, baseándose en datos de semellanzas de vocabulario. A lingua permaneceu sempre no seu rexistro oral ata que en datas moi recentes algúns lingüistas e falantes traballaron no desenvolvemento dun alfabeto propio.

Existen diversos textos que estudan o chipaia no século XX, con algúns bosquexos gramaticais e repertorios léxicos.

Tipoloxía

[editar | editar a fonte]

Conforme a súa gramática, podería dicirse que o chipaia é unha lingua aglutinante, porén con características propias infrecuentes no conxunto das linguas aglutinantes.

Recibiu grandes influencias do aimará tanto no léxico como no gramatical, e máis recentemente influencias do español.

Conservación

[editar | editar a fonte]

O chipaia é a lingua materna dos habitantes da vila de Santa Ana de Chipaya, na provincia de Atahuallpa, cunha poboación dunhas 2.000 persoas (1.800 no último censo, de 2001). A vila conta cunha escola de primaria e un instituto de secundaria, o ensino vehiculízase en español, se ben en tempos recentes a aprendizaxe da escrita do chipaia comeza a ter algunha presenza na escola da vila. Así pois, os seus habitantes escolarizados teñen un certo nivel de español, aínda que as conversas internas se seguen desenvolvendo integramente en chipaia.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Rodolfo Cerrón-Palomino El chipaya o la lengua de los hombres del agua, Universidade Católica de Perú, 2006
  3. Pieter Muysken Uchumataqu: Research in Progress on the Bolivian Altiplano, International Journal on Multicultural Societies, Vol. 4, No. 2 , 2002
  4. Katja Hannss Uchumataqu: The Lost Language of the Urus of Bolivia: a Grammatical Description of the Language as Documented Between 1897 and 1952, CNWS, 2008.