Conversa:Lingua chipaia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

No texto hai algúns erros que cómpre corrixir: os falantes de chipaia nunca lle deron á súa lingua o nome de pukina, ese nome utilizárono os primeiros investigadores bolivianos que estudaron a lingua dos uros no Lago Titicaca, de onde pasou aos filólogos estranxeiros pero o pukina era unha outra lingua que nada tiña que ver nin coa lingua dos uros nin co chipaia. O uchun maa taqu ou Uchumataqu é a lingua dos uros, os chipaias danlle á súa lingua o nome de chipaj tago.--RNC 22:32, 17 marzo 2009 (UTC)

  • Incluín a denominación da lingua, coa referencia correspondente.--RNC 15:00, 18 marzo 2009 (UTC)