Saltar ao contido

Lingua ardhamagadhi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua ardhamagadhi
 Instancia de
 Subclase de
Clasificación lingüística
Identificadores
Freebase/m/06sdsx Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3pka Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5pka Editar o valor en Wikidata
IETFpka Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A lingua ardhamaghadi, prácrito magadhi ou prácrito de Magadha é unha lingua prácrita usada na composición de dramas. O prácrito magadhi falouse na parte oriental do subcontinente indio, nunha rexión que abarca a actual India oriental, Bangladesh e mais o Nepal. Pénsase que foi a lingua de importantes figuras relixiosas, como o Buda Gautama ou Mahavira, así como o idioma empregado nas cortes de Magadha mahajanapada e o imperio Maurya. Os edictos de Aśoka están redactados nesta lingua.[1]

O ardhamaghadi evolucionou cara a diversas linguas indoarias orientais, como os actuais assamés, bengalí ou oriya, e cara as linguas bihari (por exemplo, o bhojpuri, maithili ou magahi).[2]

Relación co pali

[editar | editar a fonte]

Segundo a tradición do budismo theravada, o pāḷi e o ardhamagadhi serían termos equivalentes para a mesma lingua. Así, tanto o Buda Gautama, fundador do budismo, como Mahavira, pioneiro do xainismo, terían predicado en magadhi.

  1. Bashan 2004, p. 394.
  2. VV. AA. 2003, p. 203.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]