Saltar ao contido

Lingua alutor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua alutor
nəməlʔu Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Nome orixinal
nəməlʔu (mis) Editar o valor en Wikidata
Propiedades
 Número de falantes
11 (2020)
40 (2002) Editar o valor en Wikidata
 Tipoloxía lingüística
 Estado de lingua da UNESCO
en perigo severo
Clasificación lingüística
Localización
 Orixinario de
Mapas
Mapa de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/04ng4f Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3alr Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5alr Editar o valor en Wikidata
IETFalr Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O alutor[1] (nəməlʔu) é unha lingua da familia chukotko-kamchatka que se fala en Rusia. O alutor está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

Fálase no nordeste da península de Kamchatka, no Distrito Nacional Coriaco, actualmente a maioría dos falantes viven na aldea de Vyvenka, hai dúas familias en Rekinniki e quedan falantes en Tilichiki e Tymlyt. Tradicionalmente os alutor propios vivían sedentarios na costa do Istmo de Kamchatka dedicados á caza de mamíferos mariños, os karaga vivían na costa oriental da Península de Kamchatka entre Timlati e Uka, os palana vivían na costa do mar de Okhotsk.[3]

Entre 100 e 200 nun grupo étnico de 2000[4] ou entre 200 e 300 nun grupo étnico de 3000[5]

Dialectos

[editar | editar a fonte]
  • Alutor
  • Karaga
  • Palana

Uso social

[editar | editar a fonte]

Os falantes son bilingües co ruso, na súa maioría de idade avanzada como consecuencia da política iniciada en 1930 de concentración da poboación nunhas poucas vilas, mesturando falantes de diferentes dialectos no seo de comunidades multiétnicas, ademais a partir de 1950, e ata 1970, a maioría dos nenos foron escolarizados en internados fóra do seu territorio lingüístico levando a que a maioría perdera o uso activo da lingua. No ano 2008 os falantes máis novos teñen 40 anos[6]

O alutor non se escribe, as autoridades e estudosos soviéticos consideraron o alutor un dialecto do coriaco ata a década de 1950, cando se estableceu como lingua separada, aínda que non se creou norma ningunha para a lingua e tan só se publicou algún artigo na prensa local. Tan só existe un autor en alutor, Kirill Kilpalin, de quen se publicou postumamente unha escolma de contos ao estilo tradicional en 1993[6].

  1. Alutor en orixe referíase simplemente aos habitantes da vila de Aliut, ver: Endangered Languages of Indigenous Peoples of Siberia Arquivado 14 de xullo de 2006 en Wayback Machine.
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
  3. James Stuart Olson et al. An Ethnohistorical dictionary of the Russian and Soviet empires. Greenwood Publishing Group, 1994, páxina 397
  4. Ethnologue
  5. Yukari Nagayama Factors for Language Decline in the Russian Far East: A Case of the Alutor in Kamchatka en Acta Slavica Iaponica 25/2008 pp 187-202
  6. 1 2 Yukari Nagayama, ob. cit.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]