Kirill Kilpalin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de outubro de 1930 |
Morte | 5 de decembro de 1991 (61 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Unión Soviética |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Kirill Vasilevich Kilpalin, nado en 1930 e finado en 1991, foi un pintor e escritor alutor.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na aldea de Hailin o 5 de outubro de 1930 nunha familia dedicada aos labores tradicionais do seu pobo, a caza e o pastoreo, seu pai morreu cando el tiña un ano e a súa nai, Anna, foi quen educou. A comezos da década de 1940 os habitantes da súa aldea foron asentados polas autoridades noutra aldea veciña, Tilichiki, deixando o estilo de vida tradicional. Ao rematar os estudos obrigatorios traballou como inspector de pesca e como pastor. En 1957 participou na primeira exposición colectiva, expoñendo as súas acuarelas e debuxos e decidiuse a estudar arte en Vladivostok. Desde 1962 residiu entre o seu pobo dedicándose á caza e á pesca. A súa obra pictórica exponse no Museo de Kamchatka, no Museo de Koriakia, no Museo de Arte Contemporánea de Rusia en Suzdal e en coleccións particulares. A súa obra consiste en retratos, mitoloxía e vida tradicional dos alutor. Nas súas composicións, coloristas e avermelladas o individuo destaca sobre a natureza.
Interesado polas tradicións, contos e lendas do seu pobo, a partir de 1950 comezou a escribir contos tradicionais en verso, postumamente publicouse en 1993 en forma de libro unha escolma de contos seus ao estilo tradicional, Ani: skazki Severa, que constitúe a primeira e ata agora última mostra de literatura escrita en alutor. Morreu o 5 de decembro de 1991.