Lina Sandell
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (sv) Karolina Wilhelmina Sandell 3 de outubro de 1832 Fröderyd, Suecia (en) |
Morte | 27 de xullo de 1903 (70 anos) Klara Church Parish, Suecia (en) |
Causa da morte | Complications of diabetes (en) |
Lugar de sepultura | Solna cemetery (en) , SO 13 659 |
Relixión | Luteranismo |
Actividade | |
Ocupación | escritora, teólogo, tradutora, poetisa, escritora de himnos, editora colaboradora |
Pseudónimo literario | L.S. |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | C. O. Berg (1867–1903) |
Pais | Jonas Sandell e Fredrica Engstrand |
Irmáns | Amalia Mathilda Sandell |
Descrito pola fonte | Svenskt kvinnobiografiskt lexikon (en) Dicionário Biográfico Sueco (pt) , lang: lingua sueca Q21600483 |
Lina Sandell, nada co nome de Karolina Wilhelmina Berg en Fröderyd o 3 de outubro de 1832 e finada en Estocolmo o 27 de xullo de 1903, foi unha escritora sueca, coñecida como autora de himnos relixiosos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai era pastor luterano nunha pequena comunidade rural e ela naceu na reitoría da igrexa. En 1858, cando ela tiña vinte e seis anos acompoñou a seu pai nunha viaxe en barco polo lago Vättern ata Gotemburgo pero o seu pai caeu ó mar e afundiu diante dela. Esta traxedia marcou a súa vida e inspirouna para escribir himnos.
Oskar Ahnfelt compuxo a música de todos os seus himnos e deunos a coñecer por toda Escandinavia. Lina casou en 1867 co comerciante e deputado Oscar Berg e pasou a apelidarse legalmente Sandell-Berg, aínda que escribiu os seus himnos coa sinatura L.S. Escribiu tamén textos para uso das escolas dominicais, Berättelser för söndagsskolan (1870-1874), Samlade sånger (1882–1885), e publicou durante moitos anos o almanaque Korsblomman (1865-1902) que incluía poemas, historias e biografías. Desde 1889 foi colaboradora de Barnens vän, o voceiro da Misión Evanxélica Sueca. Escribiu máis de 1700 himnos relixiosos e poemas entre eles, Tryggare kan ingen vara, Blott en dag e Jag kan icke räkna dem alla.
Na última versión (1986) do libro oficial de salmos da Igrexa de Suecia, Den svenska psalmboken, hai 15 dos seus salmos.