Limnea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Limnea
Spitzschlammschnecke.jpg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Gastropoda
Superfamilia: Lymnaeoidea
Familia: Lymnaeidae
Xénero: Lymnaea

As limneas [1] son moluscos gasterópodos de auga doce pertencentes ao xénero Lymnaea da familia Lymnaeidae

Cuncha de Galba truncatula.
Cuncha de Lymnaea auricularia .

Alimentación[editar | editar a fonte]

As limneas aliméntanse principalmente de algas microscópicas e bacterias que proliferan nas plantas acuáticas. Tamén consomen algas ou biopelículas que se forma na superficie de augas eutróficas estancadas, e mesmo residuos orgánicos ou plantas acuáticas cando non teñen outro recurso dispoñible.

Reprodución[editar | editar a fonte]

As limneas para emparellaren superpóñense e cada unha fecunda á que se coloca inmediatamente debaixo dela. Cada limnea pon nunha planta ou nunha parede uns cincuenta ovos adhesivos, viscosos, transparentes e agrupados en cápsulas de 3 a 5 cm de longo. A posta pódese repetir cada cada dous días no verán. Uns dez días despois da posta, as limneas novas rachan a membrana que os mantén cativos. Dispérsanse e medran bastante rápido se o ambiente é favorable. Cada mes a súa cuncha medra nunha estría ata chegar á talla adulta, constituída por sete estrías.

Respiración[editar | editar a fonte]

Do mesmo xeito que os caracois terrestres, as limneas teñen un pulmón, pero non dispoñen de ningún órgano que lles permita respirar na auga. Así, aínda que son de hábitat principalmente acuático, deben subir regularmente á superficie para respirar. A limnea achégase á superficie, chantada nunha planta acuática e no seu flanco, ábrese un sifón (un tubo que fai de respiradoiro) que lle permite renovar o aire dos seus pulmóns.

Parasitos[editar | editar a fonte]

Como outros moluscos acuáticos, a limnea alberga parasitos. En particular, vehicula un dos estadios de desenvolvemento da fasciola hepatica[2], a distomatose hepática, de parasitos do xénero Trichobilharzia que teñen como anfitrión final o pato.

Especies[editar | editar a fonte]

  • Lymnaea atkaensis, Dall, 1884
  • Lymnaea auricularia, Linnaeus, 1758
  • Lymnaea columella
  • Lymnaea emarginata, Say
  • ! Lymnaea ovata sin. Limneus ovatus Draparnaud, 1805 - Nome actual : Radix balthica sin. Radix ovata (Draparnaud, 1805)
  • Lymnaea palustris (= Stagnicola palustris ), OFMüll., 1774
  • ! Lymnaea peregra, OFMüll., 1774 - Nome actual : Radix peregra sin. Radix labiata (Rossmässler, 1835)
  • Lymnaea stagnalis , (Linneo, 1758)
  • Lymnaea tomentosa tomentosa Pfeiffer, 1855
  • Lymnaea tomentosa hamiltoni Dall, 1956
  • ! Lymnaea truncatula - Nome actual : Galba truncatula
  • Lymnaea vulnerata Küster, 1862

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Limnea". DIGALEGO
  2. Y-J Golvan (1983) Eléments de parasitologie médicale, Flammarion, p. 144-145