Liga Xunta de Galicia de Béisbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campo de béisbol de Acea de Ama, en Culleredo.

A Liga "Xunta de Galicia" de Béisbol (LXG Senior 1ª División) é o campionato galego de béisbol organizado pola Federación Galega de Béisbol e Sófbol (FEGABE) dende 1990.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campo de béisbol das Plantas, en Vigo.
Campo de béisbol do Ceao, en Lugo.
Campo de béisbol de Porto Avieira, en Oroso.
Campións da Liga Galega de Béisbol
Ano CAMPIÓN Subcampión
2012 Druidas BC Club Béisbol Cambre
2011 Druidas BC Lume Béisbol Club
2010 Club Béisbol Cambre Lume Béisbol Club
2009 Club Béisbol Cambre Lume Béisbol Club
2008 Club Béisbol Cambre Helios Lugo BC
2007 Club Béisbol Cambre Halcones de Vigo BC
2006 Club Béisbol Cambre Halcones de Vigo BC
2005 Tiburones Coruña Caimanes Ourense BBC
2004 Club Béisbol Cambre Colexio Karbo
2003 Tiburones Coruña Club Béisbol Cambre
2002 Tiburones Coruña Caimanes Ourense BBC
2001 Helios Lugo BC Club Béisbol Cambre
2000 Tiburones Coruña Béisbol Coruña
1999 Béisbol Coruña Tiburones Coruña
1998 Helios Lugo BC Tiburones Coruña
1997 Helios Lugo BC Tiburones Coruña
1996 Helios Lugo BC Béisbol Coruña
1995 Vigo Runners Béisbol Coruña
1994 Béisbol Coruña Helios Lugo BC
1993 Helios Lugo BC Druidas BC
1992 Helios Lugo BC Génesis Lugo
1991 Caribes Coruña Génesis Lugo
1990 Caribes Coruña Águilas del Atlántico

Actualidade[editar | editar a fonte]

Actualmente a Liga Galega de Béisbol pasa por unha mala época. No ano 2004 a liga estaba composta por 9 equipos, no ano 2008 xa competiron só 4 clubs, mentres que no ano 2010 houbo só 3 participantes: CB Cambre, Lume BC e Druidas BC. Nesta derradeira tempada o torneo comezou en maio e rematou en xullo. Disputáronse 6 xornadas (en cada xornada había un único partido e un equipo descansando) e unha final entre os dous mellores equipos. O vencedor da final era o primeiro equipo en gañar dous encontros.

Como cada ano, previamente á Liga Galega de Béisbol disputouse a Copa Galega de Béisbol, entre os meses de marzo e abril, na que competiron os mesmos 3 clubs nun formato semellante pero só con 6 xornadas, sen xogarse unha final.

O equipo que gañou os dous torneos foi o Club Béisbol Cambre, por diante do Lume Béisbol Club de Lugo.

Na tempada 2011 competiron na Copa e na Liga 4 equipos, xa que ós Cambre, Lume e Druidas, uniuse o Tigres de Arousa. A Copa foi para Club Béisbol Cambre, mentres que a Liga tivo unha final inédita, na que se enfrontaron Druidas BC e Lume Béisbol Club. A vitoria final foi para os coruñeses de Druidas BC.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]