Lichfield é unha cidade do centro de Inglaterra.[1] Atópase no condado de Staffordshire, a uns 25km ó norte de Birmingham e a uns 200 ó noroeste de Londres. O seu nome en latín é Letocetum e en galés é Caerlwytgoed.
Lichfield ten unha poboación estimada duns 30.000 habitantes (2007), pero o distrito de Lichfield chega ós 93.232 segundo o censo de 2001, ano en que Lichfield tiña 27.900 habitantes.[2][3] O 98,1% da poboación é branca, e o 79% son cristiáns.[4]
De entre os edificios da cidade salienta a catedral de Lichfield, unha igrexa gótica con tres torres rematadas en agulla e que é sede da diocese de Lichfield. A súa construción comezou en 1195, pero non foi rematada até a década de 1330, coa construción da "Lady Chapel". Un dos seus materiais principais é a arenito vermello.