Saltar ao contido

Leopoldo Peñarroja Torrejón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLeopoldo Peñarroja Torrejón
Biografía
Nacemento24 de xuño de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
La Vall d'Uixó, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilólogo, historiador Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1078597 Dialnet: 52192

Leopoldo Peñarroja Torrejón, nado en La Vall d'Uixó, Castelló, o 24 de xuño de 1954, é un historiador español que conseguiu certa notoriedade en círculos académicos coa publicación da obra O mozárabe de Valencia, cuxa controvertida tese principal era a existencia dunha básica continuidade lingüística entre o romance anterior á reconquista (ou mozárabe) e o valenciano, o cal non constituiría unha derivación directa do Idioma catalán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Valencia, doutor en Historia pola Universidade de Zaragoza e Académico da RACV. É membro da Sociedade Española de Lingüística. Desde decembro do 1985 a xuño de 2004 foi membro do Consello Valenciano de Cultura a proposta do Partido Popular e de Unión Valenciana.

Traballou sobre temas relacionados cos mozárabes españois, e máis especificamente sobre as falas destes nos territorios da antiga Coroa de Aragón. É autor de máis dun centenar de artigos de temática histórica e filolóxica, referidos en especial a ámbitos como a Gramática Histórica, a Dialectoloxía mozárabe, a Toponimia valenciana, o Cristianismo primitivo e posislámico e a Valencia mourisca.