Leopoldine Blahetka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Leopoldine Blahetka
Leopoldine Blahetka.jpg
Nacemento16 de novembro de 1809
 Guntramsdorf
Falecemento17 de xaneiro de 1885
 Boulogne-sur-Mer
NacionalidadeImperio austríaco
Ocupacióncompositora e pianista
editar datos en Wikidata ]

Anna Maria Leopoldine Blahetka, nada o 16 de novembro de 1809 en Guntramsdorf e finada o 17 de xaneiro de 1885 en Boulogne-sur-Mer, foi unha compositora e pianista austríaca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Leopoldine Blahetka naceu en Guntramsdorf, preto de Viena. Os seus pais eran George e Barbara Joseph Blahetka Sophia, apelidada Traeg de solteira. O seu pai era profesor de Historia e Matemáticas e a súa nai era instrumentista e profesora de fisarmónica. O seu avó materno foi o compositor vienés Andreas Traeg.[1]

A súa familia mudouse a Viena e Leopoldine comezou a recibir clases de piano da súa nai. En 1818 fixo o seu debut como pianista. Posteriormente, estudou con Joseph Czerny, Hieronymus Payer, Eduard Freiherr von Lannoy, Joachim Hoffmann, Catherina Cibbini-Kozeluch, Friedrich Kalkbrenner, Ignaz Moscheles, así como composición con Simon Sechter.[2]

En 1821, Blahetka comezou unha xira por Europa acompañada pola súa na nai, e continuou facendo xira durante vinte anos máis. Arredor do ano 1830, a familia mudouse a Boulogne-sur-Mer, en Francia, buscando un clima máis benigno. Blahetka morreu en Boulogne-sur Mer o 17 de xaneiro de 1885.[3][4]

Obra selecta[editar | editar a fonte]

  • op. 9, Grande polonaise concertante pour le piano forte et violoncello
  • op. 13, Variations sur un thème favorite
  • op. 14, Variations brillantes
  • op. 15, Sonate para violín
  • op. 16, Nr. 1, 6 Deutsche Lieder: Die Nebelbilder
  • op. 16, Nr. 2, 6 Deutsche Lieder: Der Getröstete
  • op. 16, Nr. 3, 6 Deutsche Lieder: Die Totenklage
  • op. 16, Nr. 4, 6 Deutsche Lieder: Die fernen Berge
  • op. 16, Nr. 5, 6 Deutsche Lieder: Sehnsucht
  • op. 16, Nr. 6, 6 Deutsche Lieder: Matrosenlied
  • op. 18, Variations brillantes sur un thème hongrois
  • op. 19, Polonaise D-Dur
  • op. 20, Variations brillantes sur le Siège de Corinthe
  • op. 25, Konzertstück para piano e cuarteto de corda ou orquestra (opcional)[5]
  • op. 26, Six Valses avec Trio et Coda
  • op. 26a, Variationen über ein Thema aus der Oper 'Die Stumme' von Portici
  • op. 27, Variations sur un thème tyrolien
  • op. 28, Variations sur la chanson nationale autrichienne Gott erhalte Franz den Kaiser
  • op. 29, Variations sur un thème de Gallenberg
  • op. 32, Rastlose Liebe[6]
  • op. 39, Introduction et Variations para frauta e piano
  • op. 43, Piano Quartet[7]
  • op. 44, 2nd Piano Quartet[8]
  • op. 47, Grand Duo (para piano a 4 mans)[9]
  • op. 48, Capriccio for Piano[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pendle, Karin (2001). Women and music. 
  2. Sadie, Julie Anne; Samuel, Rhian (1994). The Norton/Grove dictionary of women composers. Consultado o 14 de marzo de 2020. 
  3. "Lebenslauf von Marie Léopoldine Blahetka". Consultado o 14 de marzo de 2020. 
  4. Turner, Christie Susan (1979). Leopoldine Blahetka (1811-1887): pianist and composer. 
  5. Véxase OCLC 165566873 ou Hofmeister scan at ÖNB.
  6. "Werke sortiert nach Opuszahl". Consultado o 12 de marzo de 2020. 
  7. Dedicado a Johann Peter Pixis e publicado en 1836 por Hofmeister, Leipzig. Véxase Hofmeister Monatsberichte (scan).
  8. Véxase Hofmeister Monatsberichte - publicado en 1837/comezos de 1838 por Friedrich Hofmeister, Leipzig.
  9. Dedicado a Clara Wieck. A copia dixitalizada atópase na Biblioteca de Múnic. Publicado en 1839 segundo HMB.
  10. Publicado en 1843 ou 1844 por Schuberth & Co. (HMB)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]