Lebu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 37°37′00″S 73°39′00″O / -37.61667, -73.65000

Lebu.

Lebu é un municipio (comuna) e cidade de Chile, que tamén é a capital da provincia de Arauco, na Rexión de Biobío, localizada a uns 145 quilómetros ao sur da cidade capital rexional de Concepción. Segundo os resultados preliminares do censo 2012, a comuna ten uns 23.787 habitantes coa maioría na urbe, e a súa área é de 57 km².

O nome da cidade de Lebu débese ao seu río, chamado polos mapuches «Leufu», que significa «río». Pouco a pouco, o nome inicial foi entrando en progresiva castelanización como segue: «Leuvu», «Lebo», «Levo», «Leubu» o «Lebú», até quedar ao final como «Lebu»[1]. Limita ao norte coa comuna de Arauco, Los Álamos e Curanilahue, ao oeste co Océano Pacífico.

Os xentilicios da comuna son lebuense e lebulense.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. turismochile.com - Historia de Lebu Arquivado 08 de marzo de 2014 en Wayback Machine. (en castelán) Consultado o 3 de febreiro de 2014

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.